
Chévere trata de aproximarse e de interesar a un público o máis amplo posible, utilizando o humor como vehículo para establecer unha comunicación directa. A súa é unha proposta de raíz popular, pero aberta a outras linguaxes contemporáneas: a música, o cómic, o cine, a pintura, a televisión… que se nutre do clown, do bufón e do esperpento e que se serve dos xéneros (o musical, o western, a ciencia-ficción, o terror, o romántico, o cabaret, a ópera) para falar do noso mundo sen complexos.
Desde a irrupción do colectivo no panorama do teatro galego en 1988, cun grupo amplo de xente moi nova, Chévere veu mantendo unha proposta estética ecléctica, desarraigada e singular e un importante intervencionismo cultural en todo tipo de frontes: accións de rúa, recuperación de festas populares, organización de festivais, concertos, edición de libros, discos, k7, CD’s…
Chévere, ademais, promoveu a creación dunha sala estable de espectáculos en Santiago de Compostela: a Nave de Servicios Artísticos-NASA, que xestionou e alimentou creativamente desde outubro de 1992 ata outubro de 2011. A parte de ser o cuartel xeral da compañía e de servir de base para a produción cultural da cidade, a NASA foi un punto de encontro para o público máis atrevido e implicado, e un dos centros máis importantes e emblemáticos da cultura independente en Galiza, favorecendo o intercambio e o encontro con grupos, colectivos e artistas doutros territorios.

Chévere é cultura pop, fai teatro pop, utiliza cores planas e grandes superficies. Toma a súa linguaxe do extremadamente popular e dos medios de comunicación de masas (o cine, a tv, o cómic, a música rock, internet… ), códigos perfectamente recoñecidos polo público que Chévere trastoca, deforma ou modifica ironicamente (e cun distanciamento moi evidente, brechtiano ou non), tratando de falar ao espectador no seu mesmo idioma para establecer unha comunicación moi directa a partir dunha complicidade inmediata.
Chévere inclínase sempre do lado do xogo, da invitación, do goce, do inmediato e do xenuíno en lugar de inclinarse hacia profundidades psicolóxicas, xestos aprendidos, impostación, simulación, teatralidade, encarnación…
Chévere rexeita a tradición do teatro ben feito (a tradición, non o teatro) e os parámetros establecidos a este respecto, que substitúe por unha linguaxe propia. Chévere ignora o tópico do acto creador e a manifestación xestual do suxeito e renuncia á categoría de autor. A súa práctica non respeta as pautas establecidas polo teatro tradicional, pola vangarda ou pola crítica. É quen de contrapoñer o mal gusto, o banal, o non acabado, o fragmentario e o pastiche ao teatro dominante, aspecto enfatizado polo seu repertorio iconográfico (os símbolos da cultura globalizada imperante, pero tamén os da cultura moi local) e dramatúrxico (narrativa de xénero, pero tamén práctica performática, plástica, sonora, visual, poética). E a falta de respeto (pola tradición, pola vangarda, polo progresismo, polos tópicos, pola profesión…) acaba sendo un dos seus rasgos máis consistentes.
Fundación mítica de Chévere.
Había un mes que coñecía a John e entereime de que o tipo fixera teatro en Inglaterra antes de vir. Así que, como eu daquela non estaba a facer nada e nin sequera andaba deprimido, propuxenlle montar un grupo. El non me dixo nin que si nin que non, pero coñecía un local: a Casa Simeón, onda as Ánimas, e empezamos alí no terceiro andar. O primeiro día, John púxome a varrer o chan: eu estaba no escenario e el facía como se fose o público. O segundo día repetimos. Para o terceiro eu xa tiña chamado a Pepe Sendón, a Toro e algúns máis… Así como ían chegando, John poñíaos a varrer o chan un detrás do outro, e o resto mirabamos. Pero aí empezaron as desercións. Así que para salvar o grupo eu díxenlle que coñecía a un tipo caralludo, que era moi gracioso, que estaba a estudiar dereito e que había que sacalo de alí canto antes. Era Miguel. E funcionou. Por entón apareceu a posibilidade de facer un curso de escenografía para a xente da escola Mestre Mateo. Cando vin que eles estaban alí polos cartos eu deixeino. Ademais, entrara en estado depresivo porque para min varrer non reportaba nada satisfactorio. Eu no grupo limitabame a varrer, e simplemente, deixei de varrer.
Paco Bixou (membro fundador de Chévere)
Como funciona Chévere.
Aínda que mantén un núcleo fundacional estable, Chévere sempre foi permeable á entrada e saída de elementos, incorporando a numerosos artistas de diferentes procedencias, xeográficas e creativas. Este carácter informal, aberto e mestizo do grupo preservou a súa marca de fábrica, ao tempo que consolidaba un equipo de profesionais no que se foron integrando actores, músicos, directores, cantantes, poetas e activistas culturais.
Chévere trata de aproximarse e de interesar a un público o máis amplo posible, utilizando o humor como vehículo para establecer unha comunicación directa. A súa é unha proposta de raíz popular, pero aberta a outras linguaxes contemporáneas: a música, o cómic, o cine, a pintura, a televisión…, que se nutre do clown, do bufón e do esperpento e que se serve dos xéneros (o musical, o western, a ciencia-ficción, o terror, o romántico, o cabaret, a ópera) para falar do noso mundo sen complexos. O seu é un humor desenfadado, irreverente, directo, que se expresa a través da comicidade explosiva do gag tanto como da sátira, a ironía e o absurdo. O humor como filosofía e a risa como expresión. Contra os puristas e os integristas de calquera índole, Chévere ofrece irreverencia, mestizaxe e entretemento.
Desde a irrupción do colectivo no panorama do teatro galego en 1988, cun grupo amplo de xente moi nova, Chévere ven mantendo unha proposta estética ecléctica, desarraigada e singular e un importante intervencionismo cultural en todo tipo de frontes: accións de rúa, recuperación de festas populares, organización de festivais, concertos, edición de libros, discos, k7, CD’s… Chévere, ademais, promoveu a creación dunha sala estable de espectáculos en Santiago de Compostela: a Nave de Servicios Artísticos-NASA, que xestiona e dirixe desde outubro de 1992. A parte de ser o cuartel xeral da compañía e de server de base para a produción cultural da cidade, a NASA é un dos centros máis importantes e emblemáticos da cultura independente en Galiza, favorecendo o intercambio e o encontro con grupos, colectivos e artistas doutros territorios.
Nos últimos anos Chévere ampliou e diversificou o seu teatro de operacións. E fíxoo sobre a base dunha equipa que, individualmente aporta unha importante experiencia e capacidade tanto en teatro como no audiovisual, e que colectivamente ten unha demostrada solvencia a nível de produción e xestión de proxectos culturais. Para afrontar este novo reto, Chévere ten realizado unha profunda remodelación empresarial interna poñendo en marcha en 2005 a produtora Cabo Sam Lourenzo Misións Espectaculares, e ao capital humano e aos valores de produción que representan Miguel de Lira, Manuel Cortés e Patricia de Lorenzo, está a incorporar a outros profesionais de cara a conformar unha equipa de produción que ofreza as garantías necesarias.
https://www.facebook.com/grupochevere/



Chévere
- Dirección: Carballeira San Lourenzo 38 bajo C
- Código postal: 15705
- Localidad: Santiago de Compostela
- Provincia: La Coruña/A Coruña
- CA: Galicia / Galiza
- Pais: España
-
DATOS DE CONTACTO
- Persona de Contacto: Xesús Ron
- Teléfono: 660960916 981594996
- Correo electrónico: xron@grupochevere.eu
- Correo electrónico 2: patricia@grupochevere.eu
Nos últimos anos Chévere ampliou o seu teatro de operacións ao sector audiovisual. E fíxoo sobre a base dunha equipa que, individualmente, aporta unha importante experiencia e capacidade en cine e televisión, e que colectivamente ten unha demostrada solvencia a nível de producción e xestión de proxectos culturais.
Para afrontar este novo reto, Chévere ten realizado unha profunda remodelación empresarial interna poñendo en marcha en 2005 a produtora Cabo Sam Lourenzo Misións Espectaculares, e ao capital humano e aos valores de producción que representan Miguel de Lira, Manuel Cortés e Patricia de Lorenzo, está a incorporar a outros profesionais de cara a conformar unha equipa de producción que ofreza as garantías necesarias. Sen competencias, sen usurpacións, sen opas: por pura necesidade.
Chévere: Ultranoite no Pais dos Ananos. Trailer
Quén dixo que o teatro non se podía ver na televisión? Esta é unha mostra de que quen o dixo estaba equivocado. “Ultranoite No Pais dos Ananos”, do Grupo Chévere, será a primeira obra de teatro na suscripción de Tolemias, en R. Deste xeito engadimos unha nova faceta ao noso catálogo que pretende abarcar todas as artes escénicas. Gravado por Casa de Tolos, “Ultranoite no Pais dos Ananos” foi estreada o pasado mes de maio e este verán xirará por toda Galicia. Unha vez mais os suscriptores de Tolemias serán os privilexiados en ver prácticamente en primicia esta inxeniosa obra cociñada polos sempre críticos e divertidos Chévere.
Quién dijo que el teatro no se podía ver en la televisión? Esta es una muestra de que quién lo dijo estaba equivocado. “Ultranoite No Pais dos Ananos”, del Grupo Chévere, será la primera obra de teatro en la suscripción de Tolemias, en R. De este modo añadimos una nueva faceta a nuestro catálogo que pretende abarcar todas las artes escénicas. Grabado por Casa de Tolos, “Ultranoite no Pais dos Ananos” fue estrenada el pasado mes de mayo y este verano girará por toda Galicia. Una vez más los suscriptores de Tolemias serán los privilegiados en ver prácticamente en primicia esta ingeniosa obra cocinada por los siempre críticos y divertidos Chévere.
CHÉVERE TEATRO – Citizen – 18-19-20 Noviembre 2011 – La FuNdicIOn Bilbao
18-19-20 Noviembre 2011 – La FuNdicIOn Bilbao
CHÉVERE/ Santiago de Compostela
“CITIZEN”
CITIZEN I – CITIZEN II – CITIZEN III
Versión completa e íntegra de Citizen, un espectáculo de 3 horas y 15 minutos de duración con 2 intermedios.
El Proyecto
Después del trabajo realizado con Testosterona sobre identidad y construcción de género, el nuevo proyecto de creación escénica de Chévere para 2011 es CITIZEN. Se trata de poner en práctica nuevos procesos de trabajo y producción, combi-nando la apuesta por la investigación con la necesidad de obtener unos resultados de cara al público.
El proyecto completo de Citizen está estructurado en tres partes, en tres espectáculos autónomos de pequeño y mediano formato, que se fueron haciendo y estrenando a lo largo de la temporada 2010-2011 como si se tratase de una obra de teatro por episodios. Cada uno de ellos es la continuación y la consecuencia del anterior. Y, al final, la suma de los tres supondrá un nuevo espectáculo de mayor formato.
Citizen se inspira en el Citizen Kane de Orson Welles. Esta película cuenta la historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano de la comunicación que llegó a ser una de las personas más ricas y poderosas del mundo en el primer tercio del siglo XX. Nuestra obra cuenta la historia de A.O., un empresario gallego del textil que se convierte en una de las personas más ricas del mundo en el último tercio del siglo XX.
CHÉVERE : Citizen Iª parte La Fundicion Bilbao 28 – 29 Mayo 2016