Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Lolo Villaverde Dominguéz

17 de Maio de Novo as portas

Un quebranto
surdiu de novo
a miña beira,
ao ver rolar
polo chan
Nosas Verbas.

Contacontos
e Cantigas feiticeiras,
son unha parte
importante e agarimosa…..
Das Nosas Lerias,
ises:D. Neira Vilas,
Rosalía , Curros,
Castelao, Pondal,
Manolo Rivas, e un
Longo sin fin de autores……..Que
todos os días berran,
ao carón dos sentimentos
dun Pobo Nobre
onde os houbera.

E ao son do ar,
asubiou ben alto
unha gaitiña vella
quizais eran:
Milladoiro, Luar na Lubre, ou A Quenlla,
etc…………….Vamos
unha gaitiña da Terra
e en voandas vinme,
coma sí alas tivera,
e dando voltas e mais voltas……….Perdinme
no Verxel dos Vals
onde se di,
que anda cerca……
O confín da Terra.

E as “Follas Novas”
do noso Son e Verbo
prendan no ar
coma o Sol na Primaveira,
enchendo de bágoas
e lume,
Nosos Versos agarimosos ,feiticeiros
que alen dos mares
me leva,
E polas Terras do Mundo……..Parte do
Noso Pobo,
como Gran miudo Sembra.

(Foto portada por Adrian Paz Gerpe)