Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
8 festivais de música crean a primeira asociación de festivais profesionais de música de Galicia
A asociación agrupa a 8 dos festivais máis recoñecidos de Galicia e nace para vertebrar o sector dos festivais musicais.
Atlantic Fest, Festival 17º Ribeira Sacra, Festival de la Luz, Revenidas, Sinsal SON Estrella Galicia, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival SON Estrella Galicia son os oito festivais que integran a Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia, e que se presentará o vindeiro luns, 21 de maio, ás 12 horas, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.
A Asociación, que operará baixo a marca Festivais de Galicia, nace con vocación de servizo ao seu público.
Os festivais asociados reúnen, cada ano, a preto de 300.000 persoas, dan traballo a centos de persoas e invisten  máis de tres millóns de euros no territorio. Ademáis, contan cun amplo recoñecemento a nivel galego e español, e mesmo internacional: entre todos, atesouran varios premios nacionais e internacionais, contan con casi un cento de miles de seguidores en redes sociais e son un factor esencial de visibilización dos municipios onde se celebran, atraendo milleiros de visitantes e turistas.
Entre os obxectivos de festivais están: fortalecer o sector da producción de festivais de música no territorio galego que permitan ofrecer festivais cada vez mellores.
A maior preocupación da asociación é promover festivais únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente.
Os promotores da asociación resaltan que, para acadar eses obxectivos, contan cos profesionais que figuran entre os máis cualificados de Galicia e España para proporcionar ao  públicos experiencias únicas, cheas de música, actividades e vivencias que só é posible vivir en Galicia, onde o que importan son as persoas porque o maior premio e que queiran volver ano tras ano.
DATOS DA PRESENTACIÓN:
Luns 21 de maio de 2018. 12:00 h.
Hostal dos Reis Católicos – Sala Sacristía (2º Andar)
Santiago de Compostela.
Asociación Fesivais de Galicia · info@festivaisdegalicia.gal