Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Onte no aniversario da @aarcadanoe , coa presentación do librodisco #oceanoe non saquei unha foto, non toquei o teléfono, estiven moi ocupada gravando a lume cada momento e cada encontro durante a xornada na miña fráxil memoria. O que non esqueceirei nunca é a emoción de chegar xuntas a porto logo de tal travesía, ollar pola borda e ver todo o camiño que leva feito esta nave, mirar para a cuberta e atopar os sorrisos enchidos de tantas alimañas a entregar o seu para que a viaxe sexa o máis rica e fascinante posible. Alimañas a coidarse, baixo o compromiso de amar máis, como @a_pedreira_ugia nos fixo ouvear en sagrado mantra.
Grazas infinitas a Noe por capitanear isto durante estes anos e facernos parte a todas deste espazo mítico e tan real.
Grazas a todas as colaboradoras e participantes do proxecto. Que absoluta fermosura! Non vos perdades este libro, de verdade! Naceu sendo algo moi especial e con alma de clásico 💙💙💙
Medre a Arca da Noe!!!Foto da man de Iseo Agilda.