Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

noroeste-628x356

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hai cousas que son difíciles de expresar, mais a quen llas queres contar, adicar, dirixir merece moito máis que o teu mínimo esforzo ao facelo, e malia que non saibas moi ben onde deixarlle as tuas palabras, se cadra mal compotas, e malia que non sexas ningunha pro ou consumidora voraz das redes sociais, atopas que, dalgún xeito, poden ser unha canle. Hai cidades no mundo que posuen referentes fundamentais para a coñecida como cultura contemporanea, moderna e popular, templos que colaboraron na conformación da súa personalidade e identidade, Liverpool ten The Cavern ou Probe Records, Paris Moulin Rouge ou Le Silence de la Rue, London The Brixton Academy ou Rough Trade, Mabu Vinyl en Cape Town, Louie Louie en Lisboa, Livraria Lello & Irmao en Porto, Waterloo Records en Austtin, Pet Sounds en Estocolmo….moitos destes lugares serviron de inspiración para contarnos historias, no cinema ou na literatura, cheas de vida, de encontros, desencontros, mesmo aventuras, reivindicacións, loitas, sempre con bandas sonoras que saen como unha gloriosa e estimulante fervenza musical. Temos a sorte de poder ter vivido unha desas realidades melómanas únicas, un templo, un fogar ou lar no que todas e todos nós tivemos un oco, para descubrir, medrar dun xeito ou doutro, coñecer, sorprenderte, deixar agromar o inconformismo, falar, bailar, cantaruxar, compartir, rir, e todo grazas a xenerosidade dalguén, que xunto coa súa familia, soubo compartir o máis valioso que tiña, e polo tanto de valor incalculábel, o seu latexar constante cheo de agarimo e retranca mariñana, a súa xenerosidade infinda, foi quen de adoptarnos sen papeis e de xeito natural e guiarnos pola procelosa cosmogonía da música e esa xenerosidade sen límites dotou a esta cidade dunha nova ferramenta para construir a súa personalidade! Este movemento, como outros moitos da cidade, que souberon lanzar cara outros currunchos do pais o seu facho, recibindo outros fachos doutros do pais e doutras beiras, nunha sorte de intercambio enriquecedor e necesario, este lar da música, como outros lares en formato de taberna ou similar, e noutros formatos, son os que verdadeiramente nos alumearon e alumean, a autenticidade, a humanidade, a xenerosidade, fronte o escaparate, a pose, a cera que se derrete e nin vale de exvoto e un pretendido cosmopolitismo que non é máis que cosmopaletismo. Cando desaparecen pequenos dramas se desatan e hai que apertar o torniquete! Así como miña nai e meu pai invertiron na miña educación confiándolla ao ensino público, nunha sabia e venturosa decisión, o entorno no que te desenvolves, as persoas coas que vives, convives e compartes as ‘cousa da vida’, PORTOBELLO foi para min como unha universidade, un espazo imprescindíbel e a quen lle debo parte do material do que estou feita, e a miña meomanía tamén. O primeiro disco de vinilo que merquei na miña vida aos 13 anos cos meus aforros acumulados nunha hucha de metal coa fenda cedida cun coitelo, foi alí, The Clash, e abrironse as portas da pecepción, ao abrir a porta de PORTOBELLO, e dun conflicto teenager, o seguinte foi Echo and The Bunnymen (Cocrodiles), e o seguinte The Jam (In The City) e foi ao coñecer o confronto entre esta banda e a primeira cando se desatou unha pequena crise existencial que Jaime soubo resolver. Benquerido Jaime Portobello a tua semente non pode para de medrar vizosa, malia que nunca ninguén me dirá ‘Ramona for president!’, esa consigna que sempre me adicaches, segue a repenicar na miña cabeza con orgullo e serve e é unha sorte catalizadora! Moito obrigadísma por todo! As flores, coma ti, son da Mariñas, da Ría de Betanzos! Bicos a go go, ready steady go!

Composición da alfombra 100% poliester

11151028_824653534256873_2936907297960174396_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/isabel.risco

COMENTARIOS FACEBOOK:

  • Carlos Toja Rivera
    Carlos Toja Rivera

    ❤️❤️❤️
  • Alvaro Dorda
    Alvaro Dorda Bravo Isiña! Qué ben falado e qué linda me eres, carallo!
    • Isabel Risco Graciñas mil chavalco! Ti que sintes as cousas con forza e potencia e tes unha marabillosa prespectiva da realidade! Bicos a go go! 😘😘
  • Maribel Valdivieso
    Maribel Valdivieso Non teño palabras!!!,
    A miña lembrança tamen e “alongada”… cando o descubrí como unha persoa achegada e desinteresada, descubríndo a sua xenerixidade,
    Con as palabras de Isabel pouco mais teño que añadir.
    Eu son dese “tipo” de “negocios”…. os outros non os aturo……
    Miñas Frores van hoxe para ti Xaime!!
    A imaxe pode conter: flor e Planta
  • Lui Costas
    Lui Costas  Hai que ver como todos temos lembranzas marabillosas de Portobello e de Jaime. Nunha das miñas derradeiras visitas para mercar unha entrada, díxome, “xa veredes, vai ser unha festa bonita”. Esa é a que merece Jaime. Moi ben expresado, e agora que o sei, Ramona for President forever!
    • Isabel Risco
      Isabel Risco Que fermosa publicación benquerida amiga Lui Costas! E obrigadísma por reproducir con tanto agarimo aquela frase de Jaime! 😍😍😘😘
  • Paula Prieto
    Paula Prieto Ben lindo rula..bicos
  • Encarna Vidal Santos
    Encarna Vidal Santos Fermoso Isa, fermoso , comparto en Eres de Betanzos… 😘 😘
  • Sarah Dark White
    Sarah Dark White ¡¡Me ha encantado Isabel!! 
  • Koke Carpente
    Koke Carpente

    😔😔👌