guadi2

GUADI GALEGO. NOVO VIDEOCLIP «CEDEIRA»

Publicado el 8 febrero, 2017 | Noticias, Prensa

guadi1 (Foto cortesía de teinteresa.es) 

(Foto portada cortesía de culturactiva.org)

VERBAS DE GUDAI GALEGO:

Cando pensei en Xacio Baño para dirixir e realizar o videoclip de Cedeira, só lle pedín unha cousa,mostra a «comunidade»,o «noso eu» de dentro a fora.
Grazas Xacio,por facelo así,tan distinto…es un crack.
Cedeira nominado aos Mestre Mateo 2017 ao mellor videoclip.

Guadi Galego – Cedeira

Tema incluido no novo disco de GUADI GALEGO “O MUNDO ESTÁ PARADO” á venda o 4 de nobembro. Clip dirixido por Xacio Baño – “Cedeira”.

LETRA “CEDEIRA”

Os egos da revolución visten roupa cinguida,
escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible partido por catro,
prometen que os demos e os anxos son da mesma cor.
Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
se cadra, diría Pedreira, o da xubilación,
poder deitarse e deixar que a vida te agache,
e nós en silencio escoitando este noso son.
Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
calma e serena que medre a area e o mar.
O norte equipara a beleza coa melancolía
o norte é poema en si mesmo, é perfume e canción.
Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas, pensar que ser libre e ser máis.
Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira….

 

 

 

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *