• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Fecha: 09/04/2016 - 10/04/2016
Hora: 22:30 - 1:00


Akatz
[sábado 9 de abril, 22:30]

ATURUXO (BUEU)

Akatz é unha mini big band xamaicana bilbaína que leva máis de ventitrés anos sobre os escenarios, representando, con orgullo e dedicación, un dos papeis máis importantes dentro da escena xamaicana de Euskal Herria e de España. Akatz, que provén de ‘akats’ (erro, fallo, absurdo en eúscaro).

Estilo e teoría de vida que lles identifica, define e gusta. Ademais está a illa ou illote de Akatz, moi próximo a Bakio, vila costeira onde embarcaron e que lles serviu como primeiro cuartel xeral. Nos seus inicios o grupo formouse por cinco amigos dispostos a encher o tempo de aburrimento que lles ofrecían os duros invernos da Euskadi Tropical.

Desde o principio a banda quixo defender un repertorio propio así como lograr un son particular. Todo iso para poder experimentalo en directo, cousa que con maior ou menor insistencia procuraron realizar ao longo, ancho e profundo dos anos. Como toda banda ou formación musical de tantas persoas (entre 9 e 12 desde 1995), Akatz vive continuos cambios de formación, sendo o conxunto dos cinco fundadores os que manteñen viva a chama do caribe nas súas melodías ás que co paso do tempo e as influencias foron acompañando de reflexos doutras latitudes e culturas.

Akatz colle a música de Xamaica como base para crear un discurso respectuoso coa raíz, pero á vez propio, que foi evolucionando cos anos nos que os temas instrumentais e os cantados en eúscaro e o inglés foron substituídos polo castelán. Pero non só de ska e reggae vive o home, tamén podemos atopar sons e ritmos de estilos tan variados como rocksteady, rhythm and blues, soul, jazz, swing, latin, brazil… Sempre deixando ben claro o seu selo e as súas raíces.

http://www.akatz.net

Lugar: ATURUXO
Ciudad: BUEU

Carga Mapa....