• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


DISERTACIÓNS SOBRE MÚSICA PARTE 1: (xa que o día 21 é o día da música, esa que supostamente tanta xente apoia e gusta dela…*ejem, calo… rebaterei certas ideas ou conceptos erróneos que se repiten sen parar, dende hoxe ata ese día).

O ROCK ESTÁ MORTO: unha das grandes sandeces que non paramos de oír ultimamente, sinxelamente porque non vende tanto coma o fixo no seu momento. Empezou dicíndoo a corte da modernez pra subliñar o enormemente modernos que eran por non escoitar nada que tivese máis de seis meses de antigüidade e agora pareze que o repite todo o mundo. Pois ben, o único morto, nada máis nacer e mesmo antes, é calquera moda, sinxelamente porque vén de fábrica con data de caducidade, quere atopar a parvedad humana e faille trocar de gosto da noite pra a mañá…usar e tirar. Está morta a música clásica, o jazz, o soul? Están mortos Bach, Rachmaninov, Piazzolla, Aretha, Mingus, Elis? Están Mortos Elvis, os Beatles, Janis, Zeppelin? Se son eternos!! Coma pode morrer algo eterno? Igual o que se morreu é algunha neurona que manexaba a prudencia á hora de falar…igual millóns delas.

(Foto cabeceira por Rubém Novo, Frank Astro tocando con Electric Ladyland na Sala INK (A Crunha).

 

https://www.facebook.com/fran.castro.3994

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 3

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39517&action=edit&classic-editor

DISERTACIÓNS SOBOR MÚSICA ANACO 2

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=39375&action=edit&classic-editor