• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


  • Clubtura e a Deputación da Coruña presentaron esta mañá un informe que analiza a realidade dun sector que sustenta o entramado musical da provincia, e que leva máis dun ano en risco extremo de desaparición tras a crise do COVID.
  • informe, que analiza os datos e a realidade do sector na provincia da Coruña, é froito dun estudo subvencionado pola Deputación Provincial, e pon de manifesto a importancia do sector en Galicia.
  • As salas de Clubtura albergan máis do 80% dos concertos realizados en salas de Galicia.

 

A Coruña, mércores 26 de maio de 2021.-

A provincia da Coruña conta cunha veintena de salas de concertos privadas. Delas, máis do 90% son socias de Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, e albergan entre elas máis do 85% da programación musical da provincia. Con estes datos sobre a mesa, a importancia das salas privadas de concertos no sostemento do ecosistema musical e creativo de Galicia parece inapelable, pero, o é?

Esta é unha das moitas preguntas que trata de resolver o informe “Estudio sobre as salas de concertos na provincia de A Coruña”, un proxecto de análise e investigación levado a cabo por Clubtura co finanzamento da Deputación da Coruña, que busca afondar na realidade dun sector que leva máis dun ano inactivo, o que supón un risco inasumible para a industria musical galega.

O informe foi presentado esta mañana por Xurxo Couto, Deputado de Cultura, Alberto Grandío, Presidente de Clubtura, e Tomás Legido, Secretario da entidade, que foi o encargado de desgranar os datos recollidos nun documento que, segundo explicaba o propio Alberto Grandío, “busca facerlles ver ás diversas adminsitracións que colaborar a creación e mantemento de salas de concertos nas súas localidades é un investimento en cultura e en cohesión social de grande impacto de cada euro público que se aporte”

O documento deixa clara a relevancia das salas privadas de concertos dentro do impulso cultural: “preto de 6000 concertos celebrados en 2019 en todas as salas galegas, uns 5000 deles en salas socias de Clubtura. Esa actividade cultural está en risco”, explica Tomás Legido, que recalca que “o estudo pon de manifesto os múltiples efectos beneficiosos que ten a existencia de salas de concertos no aspecto cultural, turístico, social e económico para unha localidade”

Mentres en diversos países da Unión Europea fai anos que as salas privadas reciben apoio económico e recoñecemento a sua labor dende as institucións, en España esta colaboración é escasa ou incluso nula, “algo que viuse agravado tras a crise COVID”, tal e como explican dende Clubtura, que incide na importancia dunha análise que “denuncia ademáis a problemática derivada da non actualización das licenzas existentes ao novo catálogo aprobado na Lei de Espectáculos por parte dos concellos galegos”.

Parte do Estudo céntrase en 17 concellos de máis de 10000 habitantes nos que non hai salas de concertos para coñecer a viabilidade de que se implanten alí novos proxectos, algo que dende Clubtura consideran de vital interese “para garantir o acceso á cultura de todos os cidadáns da provincia da Coruña, independentemente do seu municipio de residencia”, algo no que coincidía do Deputado de Cultura, Xurxo Couto, que afirmou que “as salas de concertos en xeral e todos os espazos vinculados das artes ao vivo están a pasar unha situación crítica por causa da covid e, polo tanto, estes espazos deben ser tidos en conta nas accións políticas de recuperación económica porque son proxectos que máis alá do seu aspecto cultural xeran emprego de forma directa e indirecta e teñen que ser atendidas na súa dimensión cultural mais tamén económica”.

A cerca de Clubtura

A Asociación Galega de Salas Privadas de Musica ao Vivo Clubtura é a única asociación representativa do sector en Galicia. Fundada en decembro de 2005, na actualidade conta con 37 salas asociadas repartidas por toda Galicia, e traballa para lograr o recoñecemento das salas de música ao vivo como espazos culturáis, promovendo a música en vivo e favorecendo a creación e mantemento de espazos destinados a albergar concertos en todo o territorio, traballando prol da profesionalización do sector, buscando o recoñecemento da música como parte fundamental da cultura e da educación cultural.

 

INFORME ENTEIRO.

PREME NA LIGAZÓN.

file:///sysroot/home/empujenet/Descargas/Estudio%20Salas%202021_compressed_compressed_signed.pdf