choto1marz15

CHOTOKOEU

Publicado el 27 marzo, 2015 | Artistas, Folk

A Banda

CHOTOKOEU nace como grupo de percusión da man de Brais e Rubén a mediados do 2007, pouco a pouco vanse sumando músicos ao proxecto e comeza a súa andadura por bares e festivais de Galicia. Será no ano 2009 cando gañan o concurso Galiza Crea, que facía pensar que a banda ia por un bo camiño. Os vindeiros anos levarán a súa música a festivais da terra como Pardiñas, Millo Verde, Reperkusion, etc. Co paso do tempo e case sen darse conta comeza a xestarse unha familia musical que vai collendo a forma de proxecto diferente e orixinal.

O ano 2012 é un ano clave na vida de Chotokoeu. A banda chega con moito traballo por detrás, dándolle un empuxón musical e organizativo ao seu proxecto e que os leva a crear un directo orixinal e potente, con momentos teatrais e de malabares, tratando sempre de sorprender ao público con algo novo. Así, en Febreiro teñen a súa primeira oportunidade de mostrar o seu novo espectáculo nun concerto na Sala Capitol en Compostela con La Pegatina. Coa gran resposta do público, plantéxanse levar a súa música fora de Galicia, consiguindo pechar así a súa primeira xira europea, que os levará a tocar en Alemania, Bélxica, Holanda, Inglaterra e Italia; en festivais importantes como o “Fusion Festival” en Alemania ou o “Irie Vibes” en Bélxica , acadando una gran acollida entre o público e os organizadores. Chotokoeu remata este ano con máis de 60 concertos en 6 países.

No 2013 chega por fin o seu primeiro album “CHOTOKOEU”: Saen ilusionados a presentalo por festivais de toda Galicia (A Rebusca, Antrospinos, Rebumbio, Castelo Rock, etc.) por salas e festivais europeos (entre outros, no Kokopelli e Fiesta Mundial), e pechando o ano coa xira “15 días 15 bares”, unha maratón de 15 dias seguidos tocando por Galicia, deixando claro que CHOTOKOEU está cheo de enerxía e ganas para seguir traballando nun proxecto autoxestionado no que o máximo obxectivo é contaxiar de enerxía, festa e alegría a todo o mundo.

http://www.chotokoeu.com

https://www.facebook.com/megustachotokoeu

https://twitter.com/chotokoeu

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *