Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 


Dentro dos actos de celebración do Día Internacional do Teatro 2015, que o Ateneo Ferrolán celebrará o vindeiro Venres 27 de Marzo, ás 19:30 h., no Salón de Actos, presentarase a obra de Teatro Infantil “Lingua de Lata” da que son autores Francisco Oti e Julio Fernández.

Na presentación participarán os propios autores e a escritora Ánxela Loureiro que fará un comentario sobre este novo texto.


Biografías dos participantes:

FRANCISCO OTI RÍOS Telf.: 609780545 pacooti@gmail.com .
Titulado Superior en Dramaturxia e Teoría Teatral pola ESAD de Vigo.
RESUMEN DE ACTIVIDADES
Desenvolve actividades escénicas de creación e de xestión teatral desde 1974, ano no que funda con outros o Teatro Círculo de Perlío no Concello Fene, grupo no que comeza como actor, mimo e escenógrafo; cuestión, esta última, que realizará de xeito intermitente colaborando con varias compañías de Galicia e do estranxeiro durante toda a súa traxectoria teatral na que cabe destacar a labor como xestor, tanto no sector privado coma no público; no privado cabe destacar a dirección das Mostras de Teatro Infantil Galego “Xeración Nós” realizadas en Ferrolterra nos anos 1985, 86 e 87;  así como a participación na organización dos Xoves Teatrais, realizados polo Ateneo Ferrolán entre 1986 e 1988 co apoio da Aula Aberta da USC, Concello de Ferrol e maila Xunta de Galicia; institución na que entra en 1986 como responsable da Área de Teatro da Dirección Xeral de Cultura. Desde esta institución participa en diversas actividades como: xurado en premios teatrais como o Álvaro Cunqueiro; os Compostela de Teatro; as Xornadas de Teatro Afeccionado de Campo Lameiro ou o Premio de Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán.  Foi coordinador dos Circuítos Teatrais; da Mostra de Teatro do Norte, realizada en varios concellos da Mariña Lucense; das Xornadas Un País, Un Teatro, realizadas en Vigo e A Coruña; primeiro Director da Feira do Teatro de Galicia, realizada en Santiago nos anos 1990, 1991 e 1992; nese mesmo ano pasa a ocupar a Xefatura de Produción do Centro Dramático Galego no que desenvolve arredor de 35 producións e coproducións ao tempo de compaxinar o traballo de xestión con certa actividade creativa como escenógrafo, figurinista, deseñador gráfico e actor. 

JULIO FERNÁNDEZ PELÁEZ Telf.: 625577457 inauditos@gmail.com
·         Titulado en Dirección e Dramaturxia (especialidade Teoría Teatral e Dramaturxia) pola ESAD de Vigo.
·         Máster en Formación e Investigación literaria e teatral no contexto europeo (UNED).
·         Estudios de Belas Artes e Escenografía.
RESUMEN DE ACTIVIDADES
Dramaturgo, escenógrafo, director de teatro, poeta, narrador… Na actualidade dirixe a compañía Anómico Teatro. Recibiu algúns premios, como o convocado polo Teatro Tadrón (Teatro x la Justicia, 8ª edición), IV concurso de dramaturgia “La jarra azul”, VI Premio “El Espactáculo Teatral”, el VI Premio de relato “Ángel Ganivet”  ou o XIII Premio Internacional de Poesía Experimental de la Diputación de Badajoz  e o III Premio Sargantas de Poesía Visual. Tamén foi finalista do I Premio Nuevos dramaturgos Lanau Escénica e no XXIII certamen de escritura teatral Astoria. En 2014 participou no Maratón de Monólogos da Asociación de Autores de Teatro no Círculo de Bellas Artes de Madrid e colaborou en varias antoloxías da AAT. Ten publicado algunhas pezas de teatro e é fundador da revista de artes escénicas NÚA.

ÁNXELA LOUREIRO FERNÁNDEZ, é unha escritora de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios:  teatro,  novelapoesía e guión cinematográfico.
Iníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada Ollo! Hai lurpios na horta que acadou o 1º Premio de Teatro Infantil do 1º Concurso de Teatro do Ateneo Ferrolán e que se representou, polo grupo ferrolán Pequeno Obradoiro, por toda Galicia en 1980. Aínda que continuou escribindo obras teatrais, algunhas becadas pola Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.
A poesía, sempre vencellada á música, pois é autora de numerosas cancións polas que acadou varios premios no concurso Cantareliña e colaborou en diferentes publicacións e discos.
O seu primeiro libro de narrativa foi Viaxe de ida e volta no ano 1996. Posteriormente publicou Laia a nena da illaCamiño perigoso (ambos os dous finalistas do Premio Merlín de Edicións Xerais en diferentes convocatorias) e Ota quere voar polo que recibiu os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento no mesmo ano.
Estes últimos anos mergullouse no mundo do cine para o que escribiu varios guións cinematográficos dirixidos á infancia: Pica-pica circus, guión de longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; E por que II, 26 guións de curtametraxes de animación coa temática de exercicio físico e alimentación saudable; e Meigallos guión de longametraxe de animación para a produtora Continental Producciones.