• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Xente!: Só quero dicer que non é a miña finalidade sementar merda, todo o contrario. Somos un pobo en vías de extinción, porque somos galeg@s por obra e graza dunha lingua que morre día a día. Só pretendo dar a miña opinión sobre a necesidade de focalizar o protagonismo negativo en quen o merece, os ultradereitistas galegófobos e a morralla herdeira do franquismo. Igual que puxen esa puntilla sobre o BNG (e ollo, ao lado de cousas boas) porque foi un partido que ao longo da súa historia cometiu erros que a min me doeron (como o día que se lle dou o pèsame oficial á familia de Fraga e non ás súas vítimas, feito que tamén “denunciei”), tamén podo afirmar que Ana Pontón varriu no debate, que falou claro e con cona, como se debe e nos fai falta e que estaría encantadísima que unha MULLER así nos representase e defendese a nosa lingua, como presidenta ou vicepresidenta, tanto me ten.
Vou coller complexo de sementadora de polémicas, cando o único que fago é tentar ser honesta e expresarme aberta e transparentemente.
Chamo á unión, porque eu son desas ridículas que aínda cre na forza invencíbel dun pobo unido. E estou moi orgullosa do meu!!

https://www.facebook.com/mariaxose.silvar.7

FOTO PORTADA POR:

Jose Daspatas Radiomusica Engalego Musicaengalego