LOLO

Lolo Villaverde Dominguéz: poesía galega.

Publicado el 10 febrero, 2020 | Literatura

Camiño do olvido?

Parece que hai un século,m
e vai un ano xa,
o foi antonte?
Cando lles dábamos
voltas a vida
oteando o horizonte,
que axiña pasa a mesma
se pregunta un,
e nese intre!
Se che enruga a testa
cando a refrexión na mesma
faise vella ao lembrar
o tempo que zoando pasa.

Mil poemas escritos,
miles de cancións
cantadas ao ar,
e avatares na vida
para dar e tomar,
tantas reviravoltas
que parecen un mundo
no tempo,
sen embargo
nun plis plas ves que pasa todo
case nun efímero encontro,
a pasaxe
cheo de nostalxias, agarimos
e caricias,
de mil inxurias,
vexacións e torturas
na mesma,
a vida traballada, disfrutada
e vivida,
ainda eisi
ela mesma se escapa
nas prisas.

E despois de tanto andar,
Faise o silencio…..
camiño do olvido.

Lolo : 8/2/20.

Foto de Lolo Villaverde Dominguéz.

Contigo ! Sin ti.

E no alpendre da vida,………
Prendida,
vinche pasar,
e unha bàgoa perdida
alumaba o teu ollar.
E xirei ao redor do mundo
nos meus soños un segundo.

E no meu espertar
andiven no chan
cos pes na Terra,
e unha aperta agarimosa
facìame tembrar
ata o alento,
que espallado no vento
fuxìa como alma en pena.

Lolo : 1/2/20.

Foto de Lolo Villaverde Dominguéz.

Voltaron ! Os Soños

Cantos rodados
na orela do mare,
e no seu Crisol a luz do Sol
facíanme namorare,
e as gaivotas voando e voando
rumbo ao confín
do alta mar,
e ao seu carón
os meus sentimentos
viaxando no ar………….
Sen acougarse en naide.

E a sombra dos bimbios
atopei o sendeiro
naquel lugar,
que hoxe tiña esquecido
e levoume a teu lar,
ise lar pequeniño
con cheiro a sal
na beira da praia.

E coas miñas pisadas
escribin filigranas
na area da mesma
no meu deambular,
as cales a auga tapaba
cas critalinas olas
dun bravo
e maxestuoso mar.

Nese intre!
Sentin a friaxe
e no fondo das ondas
aterido mecinme
escorrentandome o frío.
E afundinme nos soños
que ao abrir os ollos
no fondo das augas salgadas
amodiño
voltaron a min ………..
Soños! Nun intre novo.

Lolo: 15/01/20.

Foto de Lolo Villaverde Dominguéz.

Alén dos Camiños!

Alén do camiños!
Ergueito coma unha árbore vinme
case desfollado
pero con isos folgos
de non rendirse,
e sacudinme as bágoas
dos recordos tristes
que aló polo Outono e Inverno sempre me asisten.

E un sorriso ledo
as portas do Nadal
reflicte a miña faciana,
e os agradabels recordos vividos
cos seres queridos
invádenme pensamento e ialma.

Quixera lembrarvos a todos
pero se me fan pequenos
os ringleiros destas páxinas,

Soio lle grito ao vento
que me despeina a calva,
Grazas millóns delas
por tódolo vivido e acontecido………
Ao carón de todos Vós,
dende a miña infancia ata madurez mundana.

Lolo : 19/12/19.

Foto de Lolo Villaverde Dominguéz.

Chove a Mares!

No alén do horizonte
xúntanse as augas do Ceo
coas do mare,
fan un único inconexo
e disípase a línea
que separa as augas do confín da Terra
co mesmo,
e chove a mares!
Nesta tardeciña do Inverno.

Se me mollan o corpo
e a ialma……..
E os pes que me trazan a diario a línea da vida,
encharcados teño,
me roe o friaxe no corpo
ante tanto desconsolo,
e ollo ao lonxe e non te vexo,
onde estás Spranza viva
soio ollo os lamentos
dun presente funesto.

E chove a mares!
E chove a mares!
Bagoas de sangue humán………
Ante a impotencia e desconsolo.

Lolo : 18/12/19.

Foto de Lolo Villaverde Dominguéz.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *