💯 (CEN): NOVO TRABALLO DE EZETAERRE
O grupo de rap combativo galego, Ezetaerre, estreou estes días o seu novo traballo: 💯
En tres días consecutivos presentáronse o ACTO I, o ACTO II e o ACTO IIIcun éxito sen precedentes no noso país. Tres ofertas musicais e estilísticas ben diferenciadas, que sorprenderon ata ás máis siareiras da banda, acadando case 15.000 visionados en pouco máis de 48 horas!
Coa colaboración de varios músicos de cámara e grupos como Banda Bassotti ou Satxa, graváronse os tres temas nos estudios Pousada Son da mán de Iago Pico cos seus respectivos vídeos rexistrados en localizacións tan dispares como o Centro Social A Insumisa ou a Escola de Imaxe e Son da Coruña. O traballo de dirección e montaxe de La Gleyzer Films puxo a guinda a esta experiencia audiovisual e cultural que cada día gaña máis seguidores
“Paz, pan e terra” é o novo “dignidade, solidariedade, humildade”
Ezetaerre – Acto I: O fío vermello – Videoclip
|