Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

💯 (CEN): NOVO TRABALLO DE EZETAERRE

O grupo de rap combativo galego, Ezetaerre, estreou estes días o seu novo traballo: 💯

En tres días consecutivos presentáronse o ACTO I, o ACTO II e o ACTO IIIcun éxito sen precedentes no noso país. Tres ofertas musicais e estilísticas ben diferenciadas, que sorprenderon ata ás máis siareiras da banda, acadando case 15.000 visionados en pouco máis de 48 horas!

Coa colaboración de varios músicos de cámara e grupos como Banda Bassotti ou Satxa, graváronse os tres temas nos estudios Pousada Son da mán de Iago Pico cos seus respectivos vídeos rexistrados en localizacións tan dispares como o Centro Social A Insumisa ou a Escola de Imaxe e Son da Coruña. O traballo de dirección e montaxe de La Gleyzer Films puxo a guinda a esta experiencia audiovisual e cultural que cada día gaña máis seguidores

Paz, pan e terra é o novo dignidade, solidariedade, humildade

Ezetaerre – Acto I: O fío vermello – Videoclip

 

 

 

Letra:

 

Vivo está o orgullo do noso pasado

No digno alegato dos oito en Chicago

Mil veces caímos, mil que nos alzamos

París cheo de sangue ao final dese maio

Ensaios dun tolo que a un pobo alumean

A esencia do Estado obreiro e campesiño

A folga en Berlín sen tregua que berra

Que elas son donas do propio destino

Non fica no olvido a Brigada Lincoln

A Unión en Asturies entre o grisú

Gayoso e Seoane que adican na cela

Un escrito a quen teima pese a cada obús

Milicias senlleiras dan guerra na fronte

Ao fascismo que acaba asinando a súa esquela

As estrelas acubillan ás Bruxas da Noite

Bandeiras vermellas conquistan o Reichstag

Chinesas que cultivan entre os campos a xustiza

A afouteza clandestina que transmite a Pirenaica

A contenda de Corea fronte a besta imperialista

Mussolini pendurado pola forza partisana

Batista derrocado por unha guerrilla armada

Viaxes solidarias no diario de Guevara

O heroico da toma ao cuartel da Moncada

Un novo espertar entrando na Habana

 

Lembrar, honrar, todo por conquistar

É polas que foron, as que son e as que serán

O motor da historia, o empurrar popular

Lembrar, honrar, nas nosas vidas

Golpes, caídas, desaparecidas

Lembramos o nome de toda heroína

Lembrar, honrar e nunca desistir

En Moscú, en Berlín, na defensa de Madrid

Librouse a batalla que nos trouxo ata aquí

Lembrar, honrar, sen tempo que agardar

Rachando as cadeas, un mundo por gañar

Xuntando camiños na vitoria final

 

Tempos complicados tamén na Guerra Fría

Potencias mundiais xogando a ser espías

Ditadores colocados pola CIA

Chicago Boys destrozando economías

O cóndor controla as nosas aldeas

Mais non se decata da nosa afouteza

Simone de Beauvoir con novas ideas

Sacade da cadea a Nelson Mandela

Pantera Negra reclama liberdade

Picasso pintando no lenzo a Masacre

Vietnam que resiste ataques do xigante

Dos que financiaron a Osama Bin Laden

Nin tanto mantra, nin tanto monta

Mentiras do PSOE cando di que non á OTAN

E Pablo Escobar facendo negocio

Coa vida do pobo que segue na loita

Non digas que no Estado foi modelo a Transición

Corenta anos despois aínda temos represión

Modelo son as folgas das mineiras do carbón

Modelo é Stonewall vencendo á opresión

Modelo é Portugal, que crea un novo abril

Estudantes consecuentes arrincando adoquíns

A revolta cubana de Vilma Espín

O muro antifeixista de Berlín

 

Retrouso

 

Nacimos nos escombros dun mundo sen muro

Matar a Gorbachov invádeme de apuros

Disolver á URSS non merece honra algunha

Yeltsin, bailarei na túa tumba

Fillas dos 90, do conto da infamia

Vimos a Latinoamérica xurdir da rabia

Xaneiro en Chiapas pra chegar a Venezuela

Chávez ergueunos desta noite en vela

Veña, que o imperialismo non descansa

Primeiro Afganistán, despois foron por Irak

E de postre, as Torres Xemelgas

Bush celebra a morte de miles de obreiras

A guerra como arma dun sistema en crise

Durmindo nas prazas soñando imposibles

Contra ao capital nas folgas xerais

Loitamos nas praias, berrando Nunca Máis

Mais tampouco tragamos con toda rebelión

Ou con Al Assad, ou co DAESH, cabrón

Prefiro a Gadafi que a primaveira ianqui

Sei que en Ucrania hai un goberno nazi

Sen resignarnos lanzamos a ofensiva

Fóra Temer do Brazil, fóra Macri da Arxentina

Dando a cara, resoltas a vencer

Porque de nós depende “A insurreción”, o “Que facer?”

 

Ezetaerre – Acto II: A insurrección

– Videoclip

 

Letra:

 

Días grises de autobuses e trens

A vida é outra nova máis do Mundo Today

Comentaristas botan todo o seu fel

Non quero máis Rufiáns, quero máis Annas Gabriel

Mais temos moita luz neste lado escuro

Murcia derruba paso a paso o muro

Migrantes rachando cos picaportes

Que pechan o forte do seu zulo

Looney Tunes andan por Barcelona

E a prensa seria, que está de broma

Política, non testosterona

Kellys orgullosas pola túa zona

I a marca España, vaia patraña

Cousas estrañas nun Estado que deprime

Non son terroristas as que opinan libres

Terrorismo é o discurso de Felipe

 

Acción anticuñados, insurrección

Xa abonda de amargados, insurrección

Soltas merda no teclado? Insurrección

Deixemos os memes, pasemos á acción

 

Somos pobo

Esta loita é nosa, non é miña nin é túa

Somos soños

Os folgos do pobre, os berros na rúa

Somos pobo

O medo do patrón, a unidade proletaria

Somos soños

Aprendendo do pasado agroma unha esperanza

 

Copiamos esta letra da acta dun soviet

Pra matar a Llamazares a golpe de piolet

E sinte nesta base o cañón do Aurora

Que da paso á insurrección da clase traballadora

Non é que os fascistas queiran volver

É que nunca marcharon, queda todo por facer

Tecer, prender e comprender

Que imos ser como Lenin, que os imos varrer

De todo o Estado e de Catalunya

Nin parches, nin farsas: quero ruptura

Ara els progres diuen “parlem”

Si, clar, parlem de prende el poder

E non chega xa con tumbar ao goberno

Aprendimos dos bolcheviques no Palacio de Inverno

Rabia proletaria, disciplina e paixón

Non permitiremos a segunda Transición

 

 

E se queiman a terra, insurrección

Outra folga xeral, insurrección

Contra o patrón, insurrección

Imos queimar a Constitución

 

Retrouso

 

Vivimos sen sabelo nunha peli de Berlanga

Da Escopeta Nacional a Benvido Mr. Marshall

Cun toureiro sen un ollo que vende toda unha farsa

Saca a bandeira do polo en lugar da dos piratas

Trapeiros de Inditex xa me raian, xa me cansan

Copias dunha copia doutra copia mal copiada

Ráfagas claras de bombo e caixa que atacan

Ao aguilucho que se agocha na túa merda de rojigualda

Quero un novo Pravda, outro periodismo

Tanto máis me dá La Razón que Al Rojo Vivo

“El referéndum catalán es ilegal, todo un delito”

Di quen apalea ata as cellas de perico

Eu xa non me explico como cheira tanto a rancio

Romperei co Cara al sol con frío siberiano

Só o pobo salva ao pobo, iso téñoo claro

Como que cada fascista vai lembrar Stalingrado

 

Se aproban o CETA, insurrección

Van caendo as caretas, insurrección

Pra aparcar as diferenzas, insurrección

Imos a por todas, xa abondou de concesións

Ezetaerre – Acto III: Que facer? (con Satxa e Banda Bassotti) – Videoclip

Letra:

 

Revolta en cada rúa, nas fábricas e escolas

Pechemos ben as filas pra ser unha soa forza

Tensaron moito a corda, isto non ten volta

Como a loita do Potemkin empurrada polas ondas

A razón que trona, que nos guía ata a fin

Teño gravada baixo a pel cada Tese de abril

Non quero zar nin rei, nin tampouco resistir

Quero a toma do poder pra conquistar outro porvir

Non deamos descanso a banqueiros nin empresarios

Tampouco ao Estado asasino de Santiago Maldonado

Que as escravas e escravos son quen fabrican os cravos

Eles fan o cadaleito, nós imos apuntalalo

Borrando o seu sorriso pra velos tremer de medo

Soviets e sindicatos creando poder obreiro

Paso a paso a lume lento temperando o aceiro

100 anos despois vai tremer o mundo enteiro

 

Son cen anos xa e moitos máis virán

Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra

Tecendo loitas con afectos no fío vermello

Que percorre a historia no camiño ata a vitoria

 

Entre tanta violencia, con este cheiro a napalm

Fagamos do presente unha nova esperanza

Situación de emerxencia, loita de vangarda

Gardemos todo o futuro nunha tabula rasa

Ezetaerre na casa que berra Nunca Máis

Defendendo terra e monte coa máscara antigás

Tendo en conta que na vida xa non hai volta atrás

Que o noso capital está nas propias mans

Rimas feitas polo pobo e para o pobo

No meu bando non hai sitio para fobias nin bobos

Só para tolas e tolos nesta boca do lobo

Que sexan o xermolo doutro mundo novo

Nos coidados e no apoio temos a afouteza

Para gañar esta vitoria ao seu sometemento

Agardade ese momento, seguide na certeza

De que máis cedo que tarde rodarán as súas cabezas

 

 

Retrouso

 

Inquedanzas, quimeras, pura autodefensa

O mellor do mundo novo está nesta trincheira

Xa vivín con comunistas dos cinco continentes

Aprendín das amarguras e chorei polas ausentes

Sempre na mente a dor da xente

Senón deixa paso á seguinte valente

A Milagro Sala, a Juana Rivas

Aquí hai dous bandos, non diferentes perspectivas

Non esquezo aos Mossos golpeando compañeiros

Fala catalán, pero Trapero é un madero

Organicemos as filas contra o réxime do 78

Nós non queremos un trozo do biscoito

Ler máis, máis firmeza na acción

A clase obreira tomando o timón

Contra a Unión Europea, a OTAN e o IBEX

Programa mínimo, ruptura e proceso constituínte

A XIRA DE 💯 PASARÁ POR VARIAS CIDADES DE GALICIA, REMATANDO A FESTA NA XIII EDICIÓN DO FESTIVERN (VAL).
ESTADES TODAS CONVIDADAS!

 

 

EZA