Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

De novo tocou mollarse, e por sorte sen necesidade de abrirmos o ☂️ paraugas, para exixir a devolución da Casa Cornide ao pobo da Coruña e o fin do espolio franquista que aínda afecta un dos edificios máis senlleiros da nosa Cidade Vella.
Centos de persoas, entre elas os nosos concelleiros @fx.jorquera e @david_vert, participaron na xa cuarta Marcha Cívica organizada por #DefensadoComún.
Seguimos a exixir que:
✅ O goberno municipal presente XA a demanda xudicial para reclamar a titularidade da Casa Cornide.
✅ O goberno da Xunta de Galiza abandone a súa complicidade coa familia Franco, que xa demostrou no Pazo de Meirás durante anos, e a obrigue a abrir ao público a Casa na súa condición de BIC.
✅ O goberno municipal da Coruña retire todas as honras e distincións que aínda teñen aqueles que perpetraron a operación de roubo da Casa Cornide á cidade: Alfonso Molina, Pedro Barrié e Sergio Peñamaría.