Espectáculo multidisciplinar Grupo de teatro da A.C. Diversos
Dirección: Carlota Pérez Proxecto sociocultural para a diversidade que conta con 20 persoas en escena con diferentes capacidades. Unha iniciativa que busca a colaboración, a inclusión grupal, o respecto intelectual e o fomento da creatividade a través da educación artística e o traballo en equipo. Música, teatro, danza e audiovisuais. Un Proxecto financiado pola Fundación Emalcsa.