Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

🎶🗣 “Tinta Imaxinaria” é o nome baixo o que a coñecida regueifeira e poeta Alba María (voz) e o músico Queco Díaz (guitarra) ofrecen un fermoso espectáculo no que mesturan, dun xeito orixinal e abraiante, as artes da #poesía, a #improvisación, a #literatura escrita e a #música.

Nada máis e nada menos!

Partindo de obras literarias, de palabras que o propio público pode propoñer (consciente ou inconscientemente) ou de estímulos do contexto inmediato, esta parella de artistas crea pezas poético-musicais que unicamente existen no aquí e no agora performativo, que nunca máis se repetirán.

Música e poesía puramente efémera que perdura, porén en cada unha das persoas que teñen a fortuna de presenciar este espectáculo único.

❤ O vindeiro sábado 5 de xuño a partir das 20h, no VIII Ponme un poema!, no espazo do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

📸 foto dxs artistas de Eutropio Rodríguez