• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SonDaRúa – En galego NON mola (Prod. Alex Arnoso)

Vídeo caseiro do tema que presentamos ao concurso de novos valores do Festigal 2017. O galego NON mola nada, nin safa!

 

SonDaRúa é un grupo de rap galego de Ponteareas,  formado por Hugo Guezeta, Alex Arnoso e That Ba.

O grupo creouse formalmente a mediados do 2016 co lanzamento dos temas “Fóra” e “Estilo combativo” na plataforma Youtube. Antes da constitución do grupo como tal, os dous membros fundadores xa ofrecían directos nos que alternaban cancións de rap ao estilo clásico con DJ, e acústicos nos que Alex Arnoso tocaba a guitarra e Hugo Guezeta adoitaba ser a voz principal.

No ano 2017 lanzan a canción “En galego NON mola“, coa que conseguiron o primeiro posto da III edición do concurso Novos Valores do Festigal,e tamén resultan gañadores do Concurso Sonidos Mans do Festival Revenidas con “Estilo combativo“, o que lles permitiu actuar en ambos festivais.

A principios do 2018 lanzaron o seu primeiro traballo de estudo, Liberando mentes, un EP de 5 cancións editado tanto en formato físico coma en dixital. Posteriormente participan no sinxelo Cultura críticada banda de metal NAO xunto coas Tanxugueiras. A mediados de ano editan en todas as plataformas dixitais un álbum recompilatorio en forma de EP que leva como título SonDaRúa Classics, formado por reedicións de antigos temas só subidos a Youtube e que foran gravados de forma caseira polo propio Alex Arnoso. En 2019 publicaron un novo videoclip do sinxelo Voz da resistencia, que contou cunha instrumental de dub do produtor Antxon Sagardui do colectivo vasco Crudo Bilbao.

En 2020 publicaron o seu primeiro LP, co título Eterno combate. Este traballo consta de 12 temas e conta coas colaboracións de EzetaerreSkandalo GZ e Navia Rivas. Antes do lanzamento do disco xa se publicaran tres dos temas como sinxelos e con cadanseu videoclip a modo de adianto: “Éxodo“, “Salsa galaica” e “Pontakas Antifa“.

 

Álbums

EPs

676 68 83 71
Foto Sondarúa Día da Matría 2019 por Alba Sotelo.