Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Brooklyn, vrao de 1987. Algunhas persoas que frecuentan o estanco de Auggie Wren (Harvey Keitel) confíanlle os seus problemas. A estraña historia de coma Auggie conseguiu a súa cámara e por que decidiu montar a súa única colección de fotografías dará finalmente un argumento a Paul Benjamin (William Hurt), un recoñecido novelista que atravesa unha crise. Pola súa banda, Paul axudará a Rashid (Harold Perrineaud Jr.), un rapaz negro moi desorientado que quere atopar ao seu pai (Whitaker).

 

Dirección Wayne Wang

Reparto Harvey Keitel William Hurt Stockard Channing Forest Whitaker Harold Perrineau Jr. Ashley Judd Giancarlo Esposito Victor Argo Erica Gimpel Clarice Taylor José Zúñiga Malik Yoba Mary Ward Jared Harris Stephen Gevedon Howie Rose

Ano / País: 1995 / Estados Unidos Estados Unidos

Título orixinal:

Smoke Duración 112 min.

Guion Paul Auster

Música Rachel Portman

Fotografía Adam Holender

 

 

 

 

 

 

 

 

PAUL AUSTER.

O SUBLIME ESCRITOR.

Paul Auster, nado en Newark (Nova Jersey) o 3 de febreiro de 1947, é un escritor estadounidense. Parte da súa obra está ambientada na cidade de Nova York. Na súa mocidade traduciu poesía francesa, e foi tamén poeta antes de orientarse cara á novela. Ten traballado tamén para o cine; seus son os guións de SmokeBlue in the Face e Lulu on the Bridge. Mentres residía en Brooklyn obtivo o Premio Médicis en 1993 pola novela Leviatán.

Traxectoria

Seus pais naceran xa nos Estados Unidos, aínda que eran orixinarios da Europa Central. O seu contacto cos libros é bastante prematuro, grazas á biblioteca dun tío seu que era tradutor. Comeza a escribir aos 12 anos, antes mesmo de descubrir o béisbol, que tanto aparece nas súas novelas. Entre 1965 e 1967 estuda na Universidade de Columbia literatura francesa, italiana e inglesa. Empeza a traducir a autores franceses como Dupin e Du Buchet e viaxa a París. Volverá en 1967 para evitar ir á Guerra de Vietnam, tratará de traballar no cine a pesar de suspender o exame de ingreso ao IDHEC. Escribe guións para películas mudas que nunca se rodaron, mais que descubriremos máis tarde na súa novela O libro das ilusións.

Durante os dez anos seguintes o traballo será duro. Escribe artigos para revistas, comeza as primeiras versións de Viaxe de Ana Blume e d’O palacio da lúa; traballa nun petroleiro, e de volta a Francia vivirá tres anos, de 1971 a 1974, grazas ás súas traducións de MallarméSartre ou Simenon; tamén escribe poesías e obras de teatro dun acto.

En 1979, xusto despois de divorciarse e de tentar sen éxito de publicar unha novela policíaca baixo o pseudónimo de Paul Benjamin (Bala falsa), a morte do seu pai proporciónalle unha pequena herdanza que o saca de apuros e o inspira para escribir A invención da soidade. Coñece a novelista Siri Hustvedt, coa que casa en 1981.

Comézase a recoñecer a Paul Auster entre os escritores importantes. Entre 1986 (ano no que se publica Cidade de cristal) e 1994 (Mr. Vertigo), saen do prelo novelas maiores como O palacio da lúa e Leviatán. Volve ao cine e adapta xunto ao director Wayne Wang o seu relato curto de O conto de Nadal de Augie WrenSmoke e Brooklyn Boogie estréanse en 1995. O mesmo Auster é quen dirixe Lulu on the bridge (1997), que é mal recibido pola crítica.

Volve á novela con Tombuctú (1999), O libro das ilusións (2002), A noite do oráculo (2004) e Brooklyn Follies (2005). No ano 2006 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Un ano despois estrea a súa segunda película, The Inner Life of Martin Frost e publica o seu libro Viaxes no Scriptorium.

Obra

Paul Auster é, por excelencia, o escritor do azar e da continxencia. Persegue, no cotián, as bifurcacións que nacen de acontecementos aparentemente anódinos. Isto sucede n’A música do azar, e sobre todo en Leviatán na súa excepcional escena central. O seu estilo é aparentemente sinxelo, grazas ao seu traballo e coñecemento da poesía, mais agocha unha complexa arquitectura narrativa, composta de digresións, de historias na historia e de espellismos (O conto de Nadal de Augie Wren). Tamén describe a perda, o apego ao diñeiro, o vagabundeo (n’O palacio da lúa, cuxa personaxe central se chama Marco Stanley Fogg, nunha especie de unión destes tres grandes viaxeiros). Cuestiónase a identidade, en especial na Triloxía de Nova York na que unha das súas personaxes que non é o narrador) se chama coma el; en Leviatán, na que o narrador ten as súas iniciais (Peter Aaron) e coñece a unha muller chamada Iris, (anagrama da súa esposa Siri), ou n’A noite do oráculo, onde unha personaxe se chama Trause (anagrama de Auster).

Títulos publicados

Ficción

Poesía

  • Disappearances: Selected Poems (1988)
  • Ground Work (1990)
  • Selected Poems (1998)
  • Collected Poems (2004)

Guións de cine

Ensaios, memorias e autobiografías

Escolmas

  • The Random House Book of Twentieth-Century French Poetry (1982)
  • True Tales of American Life (Publicado primeiramente co título I Thought My Father Was God, and Other True Tales from NPR’s National History Project) (2001)

Traducións

Miscelánea

Influencias

Nunha entrevista, a preguntas de Joseph Mallia, enumerou os escritores que lle influíron nos seus inicios como escritor, e a opinión que mantén actualmente sobre varios dos mesmos:

Kafka e Beckett. Ambos tiveron un grande impacto sobre min. A influencia de Beckett foi tan forte que case non podo saír dela. Entre os poetas sentíame moi atraído pola poesía contemporánea francesa e dos obxectivistas americanos, particularmente George Oppen, que se converteu no meu amigo. E o poeta alemán Paul Celan, que na miña opinión é o mellor poeta da post-guerra en calquera idioma. Dos poetas vellos, estaban Hölderlin e Leopardi, os ensaios de Montaigne e Don Quixote, de Cervantes, que segue sendo unha gran fonte para min”.

Véxase tamén

Ligazóns externas

FONTE: GALIPEDIA.

Paul Auster
Paul Auster in New York City 2008.jpg
Alcume Paul Benjaminn
Nacemento 3 de febreiro de 1947
Lugar de nacemento Newark
Nacionalidade Estados Unidos de América
Alma máter Universidade de Columbia e Columbia High School
Ocupación guionista, director de cinema, lingüista, tradutor, novelista, poeta, ensaísta, escritor, profesor universitario, autor e autobiógrafo
Cónxuxe Lydia Davis e Siri Hustvedt
Fillos Sophie Auster
Coñecido por Homem na Escuridão, O Livro das Ilusões, Leviathan e A Trilogia de Nova York
Premios Premio Príncipe de Asturias das Letras, Prémio Médicis estrangeiro, AAAS Fellow, Commandeur des Arts et des Lettres‎ e Prémio PEN/Faulkner de Ficção

FOTO CABECEIRA CORTESÍA DE https://www.vozpopuli.com/