Kathleen Hanna, nada en Portland o 12 de novembro de 1968, é unha roqueira, activista e escritora estadounidense.
Foi unha das fundadoras e cantante do grupo de punk rock Bikini Kill a comezos dos anos 90 e na actualidade forma parte do grupo de música electro post-punk Le Tigre, de carácter tamén feminista. En 1998, Hanna editou un disco en solitario baixo o nome de Julie Ruin. Hanna tamén escribiu sobor o feminismo e a arte, e colaborou cun gran número de músicos, aparecendo en discos de Atari Teenage Riot, Joan Jett, The Rickets, Green Day, Internal/External ou Mike Watt.
![]() Kathleen Hanna con Bikini Kill en 1996.
|
|
Nacemento | 12 de novembro de 1968 (53 anos) |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón ![]() |
Cónxuxe | Ad-Rock |
Ocupación | músico, activista, escritora |
Relacionado con | Bikini Kill, Le Tigre, Julie Ruin |
FONTE: GALIPEDIA.
FOTO CABECEIRA CORTESÍA DE https://www.loudandquiet.com/