QUE DIN AS RUMOROSAS. Carmen Cotelo. Actriz
Ola!
Seguimos sumando remeiras e remeiros!
3420€ acadados do OBXECTIVO 1: 6000€!
Rhumorosamente agradecidas, MECENAS!
QUE DIN AS RUMOROSAS
É unha comedia de creación colectiva na que 5 actrices e 1 bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller… e artista.
Contra vento e marea, as 6 intérpretes navegan xuntas con outras 6 artistas galegas nun exótico cruceiro atemporal no que destaparán, a xeito de “Varietés”, os seus segredos máis íntimos, as alegrías e sinsabores do crear, para rir delas mesmas e, sobre todo, do sistema.
Neste cóctel de humor e amor, as 6 intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.
Apoia o noso proxecto en VERKAMI: https://vkm.is/rumorosas, aberto ata o 30 de xullo. Achegas desde 10€, para todos os petos! Aínda estás a tempo de sumarte ao noso barco!
Apoia a arte galega feita por mulleres galegas…rema con nós e terás a túa recompensa!!!
Se che agrada o noso proxecto, segue a ligazón, aporta, e difunde nas túas redes e entre os teus contactos! Acompaña a difusión da campaña cos hashtag #rumorosas #maquinariasteatro
“Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.”
(Versos de “Penélope”, de Xohana Torres, poeta galega)
INTÉRPRETES:
Carmen Cotelo
Caterina Barro
Cristina Mariño
Eugenia Sanmartín
Helga Méndez
Marian Rei
PRODUCIÓN E DIRECCIÓN DO PROCESO DE CREACIÓN: Helga Méndez
DIRECCIÓN: Paula Carballeira
ESPAZOS SONOROS E MÚSICAS: Andrés Pazos
ESPAZO ESCÉNICO: Helga Méndez
DRAMATURXIA COLECTIVA: Carmen Cotelo, Caterina Barro, Cristina Mariño, Eugenia Sanmartín, Helga Méndez, Marian Rei
VÍDEOS PARA DISTRIBUCIÓN: Catu Martínez Vídeo
FOTOGRAFÍA PARA DISTRIBUCIÓN: Carmen Pardo
Mais info en:
Facebook: https://www.facebook.com/MaquinariasT…
Instagram: https://www.instagram.com/maquinarias…
Twitter: https://twitter.com/MaquinariasTT
GRAZAS POR REMAR CON NÓS!
Podes.
(Foto cabeceira da man de Carmen Cotelo).