Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

Fanny&Alexander

https://www.facebook.com/fannyealexander

https://www.instagram.com/fanny.e.alexander/

Pop estraño, por veces fermoso
Outono 2022, novo disco
SPOTIFY:
TÓDALAS FOTOS DA MAN DE Fanny&Alexander
https://www.youtube.com/watch?v=SwbE2KqiWEs

Fanny & Alexander – A túa ausencia neste ar.

INFO DA MAN DE: A REGUEIFA 2.0

https://open.spotify.com/artist/5qM6b…

https://www.fannyealexander.net/

Primeiro single de ” A túa ausencia neste ar”, o cuarto traballo dos composteláns FANNY & ALEXANDER

 

Letra e música: Fanny & Alexander

Spoken Word: Lucía Aldao

 

O DISCO

Doce anos son os que levan ausentes Fanny & Alexander da música galega. Un desterro obrigado pola teima do destino ao que poñen fin con “A túa ausencia neste ar”, o seu cuarto disco longo. Un novo album no que, coma o mariñeiro embarcado, a emigrada retornada ou o exiliado político, voltan a casa na percura do que foron. Trás “Lusco e fusco” (2006), “Finais dos 70s, comezos dos 80s” (2007) e “Alfaias” (2009) chega esta novo traballo, un disco de querencia conceptual no que todas as cancións xiran arredor da perda, da ausencia, do que se pode perder nun simple xiro argumental da vida: os pais, os avós, un fillo, o amor, a consciencia dun mesmo, a individualidade coma persoa… Un fío argumental que tece saudoso nove novas cancións que aloumiñan sen drama nen remorso esa nostalxia que abrolla da perda, facendo das músicas ferramentas reparadoras.

 

OS VERSOS

O dúo compostelán continúa coa tradición dos seus anteriores traballos adubando versos emprestados de poetas galegas co seu pop saudoso carregado de experimentacións bastardas co folk, o shoegaze, a electrónica e mesmo a música de cámara. Nesta nova entrega a lista de autoras que emprestan as súas verbas é, felizmente, 100% feminina e máis longa ca nunca, tanto nas letras das cancións (Lorena Souto, Antía Otero, Arancha Nogueira, Marga Tojo, Ledicia Costas, Xess Mondelo e Charo Lopes) coma nos miúdos spoken words que arrolan por todo o disco (Lara Dopazo, Lucía Aldao, Alba Cid, Luz Fandiño, Theresa P. Lousame, Xela Arias e Nuria Vil).

 

O VIDEOCLIP

O primeiro single do disco, a homónima “A túa ausencia neste ar”, chega tamén en forma de videoclip, coma sempre realizado por eles mesm@s sendo fieis ao Do It yourself que sempre os caracterizou. “A túa ausencia neste ar” é unha das dúas cancións do disco cuxa letra é do propio grupo e unha das máis explícitas e persoais, contando ademais cun moi acaido spoken word da súa admirada Lucía Aldao.

 

https://www.fannyealexander.net/

https://www.aregueifa20.net/2022/11/f…