poetry

Paco Ibáñez: Soqui Cea Vázquez.

Publicado el 21 agosto, 2019 | Opinión

Soqui Cea Vázquez

Voz, guitarra e poesía.
Teatro Colón da Coruña a tope de xente para escoitar a Paco Ibáñez quen, aos seus case 85 anos, segue emocionando ao público. Roupa negra, coma sempre, cabeleira branca indómita e rebelde e brazo en alto a miúdo coa súa guitarra.
Vin a Paco Ibáñez hai dous anos en Ferrol e atopeino agora, como é normal, moito máis frouxo de forzas pero con intacto férreo compromiso e gran emoción, autenticidade e amor ao cantar cada verso.
Estiven o pasado martes, por terceira vez, diante dun mito. Penso que vai ser a última vez que o vexa en directo e sentín ao remate do concerto unha súpeta tristura e emoción ao ver a Paco marchar do escenario a carón do seu guitarrista Mario Mas.
Paco Ibáñez é tan grande que se lle perdoa esas lagoas entre canción e canción, esa letra esquecida nunha peza, a lentitude ao beber un insignificante grolo de auga a cada paso, a perda das gafas, o agardar a que Mario Mas lle indique como e cando comezar a tocar unha peza determinada, os 20 minutos de descanso… todo se lle perdoa.
Estabamos diante dun trobador único, unha lenda que aínda canta, marabillosamente ben, enriba dos escenarios. Grazas a el volvemos con emoción a Lorca, a Miguel Hernández, a Alberti, a Neruda, a Quevedo, ao Arcipreste de Hita, a León Felipe, a George Brassens, a Celso Emilio, ao Che Guevara, a Gabriel Celaya, a José Agustín Goytisolo,…
Marchou canso Paco Ibáñez do escenario, pero volveu para rematar o concerto co “A galopar” de Rafael Alberti, himno combativo que enche o peito de forza e de esperanza.
Ata sempre, Paco Ibáñez!!
Fortuna enorme telo escoitado!!!
“Paga a pena vivir para unha canción” (Paco Ibáñez)

Soqui Cea Vázquez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paco Ibáñez con Antonio García Teijeiro o pasado martes na Coruña.

PACO IBÁÑEZ (I): Poesía na escola, sempre!!!

O concerto do gran Paco Ibáñez na Coruña do pasado martes dáme para comentar varias cousas. Hoxe quero só insistir novamente na enorme importancia de levar a poesía á escola. Eu sempre o tiven claro, pero escoitando a Paco Ibáñez no Teatro Colón, reitéroo con moita máis contundencia.

Mestras e mestres, comezade coa poesía xa dende Infantil, por favor!! Podemos sacarlle tanto proveito á poesía na aula que non temos perdón se non o facemos.
Eu o martes emocionábame, non só escoitando a Paco Ibáñez falar de Lorca, Miguel Hernández, Celso Emilio Ferreiro, Alberti, Antonio García Teijeiro,… senón tamén lembrando ao meu extraordinario alumnado do pasado curso (2º de Primaria) que tan ben soubo conectar, entender e sentir a poesía.
Levemos o sentimento, a sensibilidade e a emoción á escola!!

poesía1

 

 

 

 

 

 

 

 

Este poema cantárono Paco Ibáñez e Antonio García Teijeiro no Teatro Colón. Que emoción!!!
Moito me acordei do meu alumnado que escribiu, cantou e debuxou ese mesmo poema!!!

poesía2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celso Emilio Ferreiro tamén soou na voz de Paco Ibáñez.

poesia3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estes son só algúns dos poetas que pasaron pola nosa aula o curso pasado.

soqui

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/soqui.ceavazquez

 

 

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *