Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O fútbol é unha cousa éstrana. Pra comezar non creo que darlle patadas a unha cousa sexa algo natural. Máis ben é algo propio das crianzas, pois se fai cando queres quitarcho de en medio co maior dos desprezos; mais que despois, ise algo, vaia a un sitio preciso, non é normal. O máis lóxico sería tomalo coas mans e poñelo onde desexamos. Darlle co pé é cumprir coa lei do mínimo esforzo. É como dicirlle ao obxecto en cuestión: “olla… impórtame unha merda si rómpesche ou non. E ademais nen sequera vou agacharme pra sacarche do meu camiño”.

Eu non sei si desenvolver certa habilidade cos pés achega algo á nosa evolución coma especie. Ben é certo que os pés son os membros máis afastados do cerebro, e, tal vez, reforzar as conexións nerviosas con iles, déanos un control máis preciso do noso corpo en xeral. mais non remato de velo; nen sequera paréceme artístico (endexamais vin un malabarista facendo acrobacias cos pinreles). E a quen se lle ocorre agarimar a un semellante cos pés? Iso é algo deshonesto que só se fai por embaixo da mesa pra burlarlle a parella a un amigo.

Xa centrado no deporte de alta competición, o que vexo é que, pra patearse un campo regulamentario durante noventa minutos, o primeiro que se precisa é unha forma física digna dun cabalo de tiro. Se logo, ademais diso, es capaz de ter precisión no zoupe, pois xa tes feito o noventa por cen do traballo. Que aburrido!

O fútbol é un xogo suxo porque os pés son o que máis se ensuxa. Están aí abaixo en contato co po e a miseria do camiño. Creo que todo comezou cando a uns xogadores de rugby ocorréuselles non poder coller o balón coas mans. As primeiras escenas deberon ser de traca. Vinte tipos apelotonados ao redor dunha pelota empurrándose e agarrándose pra tratar de poñela entre dous paus.
Non negarei o bo que o deporte de equipa achega ao individuo e ás súas relacións sociais, mais diso a pagar prezos desorbitados por ollar a outros facelo, hai un longo treito.
Logo si… os políticos isto e o outro.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

Foto cabeceira da man de https://www.esquire.com/