Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O DESARRAIGAMENTO DE FRANZ KAFKA.

Kafka naceu en Praga no seo dunha familia de xudeus asquenazíes e escribía en alemá. Isto, e o non deixar herdeiros, supuxo á súa morte unha longa batalla xudicial entre os gobernos checo, israelí e alemá.
O caso é que cada un esgrimía unha razón pra facerse coa obra do autor, especialmente con certo material inédito depositado nunha caixa de seguridade nun banco suízo. Ao remate o goberno israelí saíuse coa súa. Alguén tinha que ganhar.
Non coñezo os pormenores do proceso (non podo evitar a risa ao mencionar ista verba), mais a realidade é que Kafka endexamais practicou o xudaísmo e na súa obra non hai ningunha referencia ao mesmo. Amais esta non era a única diferenza que tinha coa súa familia, no que a costumes refírese (entre outras cousas, o seu pai era carniceiro e o autor vexetariano). Kafka sentía admiración polos xudeus orientais, mais non vía nada destes nos europeus. Chegou a escribir no seu diario: “Que teño en común cos xudeus? Tenho pouco en común comigo mesmo e debería quedarme moi queto nun recuncho, ledo de poder respirar”.
Kafka tampouco sentíase especialmente identificado con Checoslovaquia, da que fora testemuña do seu nacemento despois da Primeira Guerra Mundial, nin tampouco con Austria, nin con ningún lado. A súa reticencia política era conhecida por todos. Tampouco ollamos na súa obra percepción algunha da súa nacionalidade.
Falaba checo pola súa educación e alemá por ser a súa lingua materna. Mais endexamais sentiuse pertencente ao pobo alemá.
Sendo consciente de todo isto, non é raro que na súa novela “O Proceso”, o protagonista, Josef K., sexa (simbolicamente) arrestado por un alemá (Rabensteiner), un checo (Kullich) e un xudeu (Kaminer).

Foto cabeceira da man de https://www.culturagenial.com/

Foto no interior da man de https://www.gettyimages.es/

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).