• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Sábado 29 de Outubro

Aínda antes do cambio de mes, o primeiro concerto de Syberia en terras galegas presentando o seu 2º albume de estudio, “Resiliency”. Estarán acompañados polo hardcore punk metal dos coruñeses Arsian.

20:30, 5 € para as bandas

Mércores 2

Not On Tour é un cuarteto de hardcore melódico nado en Tel-Aviv (Israel) con 7 anos de actividade. Na súa primeira viaxe á península poderán dar conta de toda a súa potencia. Ademais contarán cuns compañeiros de escenario de luxo para esta data na Coruña,Klute, o power trío que máis está dando que falar ultimamente por estes lares.

20:30, 5 € para as bandas

Sábado 12

Acople. Berro. Ruído. Broucazo. Negror. Desnortamento. Pánico. Unha visita guiada pola exhibición do oprimente. Dunha man, o punk experimental de Balcanes (Oviedo), que veñen presentar o seu demoledor “Carne Nueva“. Doutra, o metal industrial de Homeless Network (A Coruña). Despídete de todos. Adeus. Ata nunca.

20:30, 5 € para as bandas

Sábados 12 e 19

Obradoiro de iniciación ó Photoshop. O obxectivo é coñecer as posibilidades do programa e aprender a axustar o software ás nosas necesidades. Impartido por Daniel Graña. Sábados 12 e 19 de 11:00 a 14:00. Máis información e inscricións: obradoiros@nave1839.org. Prazo de inscrición aberto ata o venres 4 de novembro.

Sábado 19

O dúo de GlasgowHappy Meals factura o que eles chaman mystic-disco, unha mestura fluída e adictiva de xéneros diversos que vai do etéreo ó bailable a través de estáticos rituais de pop ácido.Presumido son Tarci Dávila e Nacho Dafonte, unha revisión do synth-pop que combina clásicos (Depeche Mode) e innovadores para conseguir un pop personal de indubidable tensión interna, cheo de liñas puras e humor intelixente.

20:30, 5 € para as bandas

Sábado 26

Nashgul celebran o seu 15 ANIVERSARIO, e, ó tempo, presentan na casa o seu recén publicado novo traballo ‘Cárcava’, un compendio de grind brutal e desbordante. Os tamén lexendarios ERROR! reúnense para a ocasión, máis de dez anos despóis de que nos deixasen tremendo por última vez cos seus trallazos de punk!!

20:30, 5 € para as bandas