Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

https://go.ivoox.com/rf/108373228

Moi boas son Patty Castro de Galiza Metálica
E xunto con Filipe Marta S.O.S. Heavy-Metal Radio Show teño o pracer de presentar en exclusiva a entrevista con Oscar Besteiro de Barbarian Prophecies e o especial día das letras Galegas.

Traivos unha exclusiva, que se chama FERRO E PEDRA

E ademais a mellor selección musical en galego de bandas galegas de metal.

Coñece máis sobre o día das letras e sobre este interesante proxecto k se estrea Hoxe!!

Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores_
é o título dunha recompilación tributo ao rock e o metal galegos das últimas décadas, creada por 10 bandas de todas as partes de Galicia. Lanzada neste Día das Letras Galegas 2023, nela aparecen versións de bandas moi diversas. Dende as máis coñecidas, como Los Suaves ou Los Piratas, ata bandas subterráneas como Detestor ou Consumatum Est, e dende o folk rock de Nordés ata o heavy metal de Épsilon ou o metal extremo de Nowhere. Todos os grupos versionados teñen en común o xa non estar activos a día de hoxe e o ter sido no seu momento pezas clave da escena rockeira e metaleira das súas respectivas cidades e vilas.

Entre as bandas que gravaron as versións atopamos a Aquelarre Amenaza De Muerte, barbarian prophecies , Dioivo , Mileth ,PneurA , Schwarzenegger , somos nós, Xerión – Metal Galaico Extremo e Xhamain . Cada unha destas agrupacións galegas seleccionou un tema dunha banda histórica da súa zona, dando lugar así a un traballo conxunto que abrangue catro décadas de rock e metal de toda Galicia.

Polo momento, as cancións están dispoñibles para a súa escoita en Youtube, pero axiña estarán tamén nas demais plataformas dixitais de música. Co tempo, as formacións impulsoras planean extender o proxecto a máis agrupacións, para realizar unha edición física en CD do traballo. A portada do mesmo foi realizada por Trönner Graphics.

Antena Minho
Rouco Son
#euapoiooaundergroundgalego
#podcastmetalgalego
#radiometal