IMG_3045

Feminino Plural en Discos Portobello (Xaneiro 04, 2019) por Xosé Duncán.

Publicado el 5 enero, 2019 | Noticias, Prensa

Teño falado noutras ocasións da pegada musical que certos locais da cidade tiveron na miña adolescencia. Onte fomos a un dos máis míticos, a Discos Portobello. Talvez o recordo máis especial que gardo desa casa da música é o día que fun mercar a entrada para ver a Ramones, pero a imaxe máis querida será a que está neste artigo.

A nosa relación con Silvia Penide e Carla López é especial. Non por ser especial, senón por pasarmos de ser fans desas dúas grandes músicas a converternos en amigos e, mesmo, compañeiros e equipo. Por se iso non fose razón dabondo, onte propuxeron un brinde para darlle a benvida a 2019 e, xa de paso, aproveitar para facer lectura de textos que, habitualmente, escoitamos en forma de canción.

O proxecto que teñen, Feminino Plural, non é só un dúo musical, é unha forza cultural co obxectivo de dar a coñecer arte que está na nosa memoria colectiva, pero que, na maioría dos casos, descoñecemos que foi creada e imaxinada por mulleres.

Onte acompañáronas Laura e Natalia. Non era a primeira vez que as dúas lían (a viva voz e en lingua de signos) os textos de Laura, mais a intensidade que lle imprimen ás súas lecturas fan que nos sintamos como se fose a primeira vez que as vemos e oímos.
Foi unha ledicia ver que Portobello se encheu, sobre todo nesta época en que a cultura é seguida por moita xente, mais apoiada e asistida por moita menos. Supoño que será un signo dos tempos de redes sociais que nos tocou vivir, nos que é moito máis doado darlle un ‘like’ a un evento que formar parte del.
https://xoseduncan.blogspot.com

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *