Avia Veira falando con Xabier Rioboo, presidente do Comité de Empresa de Hércules de Armamento
Participamos da concentración convocada polo cadro de persoal de Hércules de Armamento
Amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e cos traballadores da antiga Fábrica de Armas que presentaron un escrito na Xefatura Territorial da Consellaría de de Emprego e Industria solicitando unha reunión co Conselleiro para a elaboración e posta en marcha dunha Plan que garanta os 155 empregos a día de hoxe aínda existentes
Estivemos apoiando as traballadoras e aos traballadores da antiga Fábrica de Armas para que de xeito urxente Francisco Conde as reciba e demandamos publicamente, tal e como xa fixemos no seu momento no Parlamento galego a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta de Galiza a desenvolver cantas accións sexan necesarias para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo elaborando un plan que defenda a actividade industrial
Participamos na concentración convocada esta mañá polas traballadoras e polos traballadores de Hércules de Armamento, antiga Fábrica de Armas, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza previa á presentación dun escrito do Comité de Empresa no que se require unha reunión co Conselleiro de Emprego e Industria para lle solicitar que a Xunta elabore e posta en marcha dun plan que garanta os 155 empregos a día de hoxe aínda existentes.
Deste xeito, a nosa concelleira Avia transmitiulle ao presidente das representantes das traballadoras e dos traballadores, Xabier Rioboo, a disposición do BNG a dar traslado das súas demandas así como apoiar a súa iniciativa esixindo do Conselleiro que se reúna de xeito urxente para recoller de primeira man as súas demandas
E é que as traballadoras e os traballadores lembran, no escrito presentado, que até xa en 3 veces anteriores teñen solicitada unha reunión con Francisco Conde, titular da Consellaría, sen ter recibido resposta até o momento.
“Estamos hoxe aquí apoiando as traballadoras e aos traballadores da antiga Fábrica de Armas para que de xeito urxente Francisco Conde as reciba e demandamos publicamente, tal e como xa fixemos no seu momento no Parlamento galego a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta de Galiza a desenvolver cantas accións sexan necesarias para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo elaborando un plan que defenda a actividade industrial”, explicaba Avia tras falar con Xabier Rioboo.
Por último, lembramos que son varias as iniciativas que temos trasladado ás distintas institucións, nomeadamente ao Parlamento galego, e nas que se demanda unha implicación decidida da Xunta de Galiza e nas que precisamente se denunciaba o abandono á súa sorte da Consellaría e da propia Xunta á antiga Fábrica de Armas.