Hora: 20:30 - 23:00
Terbutalina faiche bailar como se te duchases todas as mañás en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos.
Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, medrar e divertirse. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o Estado. A mellor mostra do lío que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso.
Terbutalina conta con seis traballos discográficos e colaborou con colectivos como o Galician Bizarre. Todos os seus traballos foron autoeditados e están disponibles gratuitamente.
En 2014 publican o seu último traballo: A MUERTE. Estas dez novas cancións suponen unha evolución na liña creativa de Terbutalina e dan forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantén e incrementa a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores discos, pero a composición e as melodías gañan fondo e peso.
A MUERTE foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre por conta de Arinspunk.

Las canciones están repletas de giros inesperados que a menudo acaban en apasionados arrebatos instrumentales; secciones rítmicas endemoniadas (aunque no dudan en coquetear con ritmos discomutantes cuando la canción lo requiere); y ruidismo descacharrado de resultados tremendamente entretenidos y repleto de sentido del humor (un sentido del humor que también aplican a sus letras, lo cual no les impide decir cosas muy serias).
Ciudad: A CORUÑA