Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Hai cincuenta anos, o sul do Bronx estaba en chamas. Moitos estadounidenses, ao ollar a crise dende fóra, sentiron que o mellor curso de ación para ceivar á cidade da praga urban era “deixala arder”. Pra as persoas que vivían alí e que experimentaran décadas de racismo sistémico que levaron aos lumes, a traxedia foi dobre. Non só foron destruídos violentamente os seus, unha vez orgullosos, veciñanzas de crisol, senón que ao resto da cidade (e ao país) non pareceu importarlle. E dalgunha maneira, no medio desta crise en curso, as estacións de bombeiros estaban a pechar. Iste documental feito por expertos analiza a historia a través dos ollos das persoas que viviron no sul do Bronx durante as lumeiradas e que seguen vivindo alí e traballando pra protexer á súa comunidade. Facendo un excelente uso do material de arquivo, o filme tamén proporciona antecedentes, xa que traza a historia urban da zona dende a linha vermella ata a atual ameaza de xentrificación.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DE RUBEM NOVO.