COMUNICADO DA ASOCIACIÓN CULTURAL TOULIÑAPOP Touliñapop Festival 2023
Despois de entrevistarnos coa nova equipa de gobernho do Concello de Sada (CONCELLERÍA DE CULTURA E TURISMO), e amosarlle o proxecto do TOULIÑAPOP FESTIVAL 2023, recibimos unha mensaxe por Whatsapp do que estraemos dúas ideas xerais:
“ O Concello de Sada non ten cartos pra apoiar ao TOULIÑAPOP FESTIVAL 2023”.
“ O TOULIÑAPOP FESTIVAL é competencia desleal á Hostalaría do Concello de Sada”.
Por favor , non nos pidades explicacións… non as temos…perguntarlle a quen as teña que dar…
A día de hoxe , non vos podemos dicir nin onde nin coma se celebrará esta nova edición, mais podemos dicir que sí haberá Touliñapop 2023, nunha nova localización e con novas ubicacións dos concertos. Estamos a traballar en atopar unha solución o máis satisfactoria posibel pra todos… grupos, organización e por suposto, público…
Pedímosvos paciencia,nun prazo moi curto de tempo, esperamos darvos boas novas …non podemos perder tódolo traballo xa feito dende hai 6 meses (producción, contratacións…) A.C.TOULIÑAPOP