• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


ARTEMISA1

Que de onde son?
A eterna pregunta,
Non son de aquí, nin de alá,
Son de todos os lares ou de ningún, tamén.

Mírame, si, mírame ben, pregúntame de que país exótico veño ou cales son as miñas raíces.

Mírame, si, mírame ben, que son a túa veciña a que discriminas.

Mírame, si, mírame ben, e pregúntame se teño papeis, se son tendedeira ambulante ou empregada do fogar.
Mírame, si, mírame ben, e pregúntame se son a puta que vende seu corpo nas esquinas.

Mírame, si, mírame, mírame ben, que son esta muller negra de cabelos duros e non profesionais.

Mírame, si, mírame ben, que eu achantarei meus ollos nos teus e ti apartarás a mirada.

Mírame, si, mírame ben, que son esta muller negra da que teus prexuízos falan con xestos na túa cara.

#poesia#diamundialdelapoesia#poetry#poeta#afrodescendientes#afrogalegas#poetanegra#poetagallega#galiciaafro#galicia#afropower#africa

AFROGALEGAS:https://www.facebook.com/Afrogalegas/

ARTEMISA: https://www.facebook.com/pantera.negra.589

FOTO PORTADA ARTEMISA POR:  Iván Taín