• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A Comisión Aberta en Defensa do Común acordou no transcurso da asemblea de entidades que conforman esta plataforma cívica presentar a todos os grupos municipais unha proposta de moción para debatir no pleno de novembro, “contra a poxa e privatización do hotel Finisterre”, que anticiparon o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o titular de Portos do Estado, José Llorca.
Igualmente, aprobou a celebración dunha gran movilización cívica nas vindeiras semanas para amosar o rexeitamento a unha operación que, na súa opinión, “esconde un escándalo urbanístico de envergadura nunha das zonas máis emblemáticas da cidade” Nunha reunión, fixada para o vindeiro día 26, concretarase a data definitiva.
Paralelamente, membros da Comisión proseguirán coa súa recollida de sinaturas na rúa como fórmula de sensibilización cidadá. Así, o sábado, día 21, levarán esta iniciativa á praia de Oza, en colaboración coa asociación de veciños da Gaiteira-Os Castros, entre as 11:00 e as 14:00 horas. Pola tarde, entre as 17:00 e as 20:00 horas, estarán na Mariña.
 
Finalmente, o martes, día 24, coincidindo coa anunciada entrevista entre o alcalde e o presidente do ente estatal portuario, representantes de Defensa do Común exhibirán unha pancarta na praza de María Pita alusiva á devolución gratuita do Finisterre, a Solana e os peiraos, a partires das 10:00 horas. 
Coincidindo coa entrevista que manterán o vindeiro martes, día 24, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente de Portos do Estado, José Llorca, en orde a continuar coas conversas interrumpidas no seu día respecto a reformulación de todo o perímetro portuario, a Comisión Aberta en Defensa do Común anuncia que representantes das organizacións que conflúen na mesma concentraranse, a partires das 09:45 horas, diante do Pazo de María Pita para amosar o seu rexeitamento a calquera operación que inclúa a privatización da Solana e o Finisterre, tal como aprobou o pleno municipal do pasado  9 de xaneiro..
A este respecto, exhibirán dúas pancartas alusivas á devolución gratuita, obxetivo que motivou a constitución desta plataforma civica en marzo de 2016, así como a instalación dunha mesa para a recollida de sinaturas, das que levan contabilizadas 10.600. Ao mesmo tempo, lamentan o que consideran nula sensibilidade social do titular do ente portuario estatal ao non acceder á petición de entrevista solicitada o pasado día 9, a través da Delegación do Goberno, para facerlle entrega en man das sinaturas.
Finalmente, Defensa do Común confía en que o encontro sirva para priorizar a protección do patrimonio público sobre a vontade de hipotéticos secuaces da privatización.