Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

📌 Este xoves 9 de marzo, temos unha cita moi importante, a presentación da candidatura do BNG da Coruña para as eleccións municipais do 28 de maio, e para nós sería unha enorme honra que nos acompañásedes nun encontro no que non faltarán nin a música nin o humor. Necesitamos a vosa forza, a vosa enerxía, as vosas propostas, para dármoslle á Coruña o impulso que a cidade necesita. Vémonos! #Jorquera2023 #OrdeeTalento #ImpulsACoruña.

Jorquera, na presentación da candidatura do BNG: “Este é o equipo chamado a gobernar a cidade”

No andar superior do emblemático edificio Atalaya, e nun acto realizado para os medios o 22 de febreiro, o portavoz do BNG e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, presentou os primeiros 14 nomes da listaxe nacionalista para o 28M. Unha candidatura que se axusta á perfección, entende Jorquera, a aquilo que o mítico Arsenio Iglesias considera imprescindíbel para armar un bon equipo de fútbol: Orde e Talento. Solidez, solvencia, imaxinación e creatividade ao servizo dun proxecto de cidade para facermos unha Coruña mellor. “Este é o equipo chamado a gobernar a cidade”, dixo Jorquera na conclusión do acto.

 

 

 

 

 

🗳Na Coruña xa están presentados os 14 primeiros postos das eleccións municipais polo #BNG
Potente lista. 7 homes, 8 mulleres, unha media de 47 anos, experiencia e talento abondo, xente forxada en mil batallas. Amig@s, compañeir@s de tantas loitas están aí. É un grande equipo de goberno do BNG A Coruña
Poderedes encontralos onda sempre, na rúa, no traballo, en mil actividades. Nos encontros e actos que virán. Na TVG creo que non. Na Voz, o de sempre.
Son:
1.-Francisco Jorquera Caselas
2.-Avia Veira González
3.-Mercedes Queixas Zas
4.-David Soto Díaz
5.-Ignacio Siota Mouzo
6.- Guadalupe (Lupe) Martínez Junquera
7.-Jorge Castro Ruso
8.-María Xesús Seijo García
9.-Raimundo (Rai) Martínez Fraga
10.-Carlos Varela Souto
11.-Celia (Xela) Armas García
12.-Manuel Francisco (Manel) Méndez López
13.-Keina Espiñeira González
14.-Iria Buxán Raposo.
#Jorquera23 #ImpulsACoruña Pequena info de cada unha, de cada un en: https://acorunha.bng.gal/…/20230222143405010350.html