Cristina Corral Soilán, nada en Lugo en 1976, é unha escritora galega
Traxectoria
É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.
Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española. Colabora con diversas revistas como Xistral ou Trasluz e é editora do magazine cultural A revolta.[1]
Obra
Poesía
Literatura infanto-xuvenil
- Irene en el Sáhara, 2011, Solidaridad Internacional.
- Os poemas do río, 2012, Everest Galicia.
- A historia fascinante da vaca rodante, 2013, Everest Galicia.
- De paseo con Crunia, 2015, Embora.
- De paseo con Paulo, 2015, Embora.
Obras colectivas
- Un feixe de poesía na porta, 2013, A porta verde do sétimo andar.
- Alén do silencio, 2014.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.