Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
SALAS DE CONCERTOS QUE NON COBRAN ALUGUEIRO POR TOCAR,
A ver, boas tardes.
Entrei nesta páxina soamente porque me chamou a atención a titula. É pra ollar se alghuén me pode expricar isto que non o entendo:
Coma que salas que non cobren por tocar??? É que estamos tolos?
Que eu saiba os locais PAGAN aos grupos por tocar, non? E amais é obrigación dunha sala que pretende dar concertos ao vivo ter o local adaptado ou polo menos unha equipa pra sonorizar istes eventos, e se é o grupo o que ten que ponher a súa equipa propia pois cobrarlle tamén por iso, xa que se estaría aforrando tamén o alugueiro, montaxe e técnico de son (porque se xa me dis que tocas nun local de balde e enriba pos a túa equipa e feixes de técnico de son xa é pra facercho ollar).
Eu toco nun grupo e dende sempre toquei en bandas coas que dei moreas de birlos e asegúrovos que os donos dos locais sempre ganhan cartos cun concerto en ao vivo, na maioría dos sitios onde toquei co meu grupo non farian nen a metade da caixa ise venres ou ise sábado se non tocásemos nós e traído a máis de 50 ou 60 persoas todas consumindo e divertíndose durante hora e media ou dúas horas de boa música en ao vivo.
Do mesmo xeito que un informático non che traballa de balde porque gastou anos e cartos na súa formación e vai gastar tempo e esforzo en arranxarche o computador e iso hai que pagalo, ou un animador de festas e eventos tamén cobra porque fai un traballo e obviamente debe remunerarse, vós investistes moito tempo en aprender a tocar un instrumento ou cantare, aprender teoría musical, a componher os vosos temas ou aprender isas versións e interpretalas, amais dos cartos que vos gastastes en instrumentos e na equipa….
Por favor, non toquedes de balde e moito menos pagar por iso!!! Porque estades a devaluar e desprezando o voso propio traballo e estades a foder amais aos outros grupos que venhen despois. Se o teu tócalle de balde a un empresario no seu local, que cres que lle vai a dicir ao grupo que vaia a semana seguinte e pídalle 400, 600 ou 1000€? Dirá…”o da semana pasada tocoume de balde”. Ao deixarte tocar de balde no seu local non vos istá facendo un favor a vós, senón vós a il.
Valorade o voso traballo amigos e non deixedes que ninguén se aproveite da ilusión e as ganhas de querer dar a conhecer a vosa arte.
Un saúdo!
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBEM NOVO.
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.metalsymphony.com/