Loquillo e Carlos Galán, nun retrinco da gravazom ao vivo de Simpatía
pola Industria Musical na Sala Berlanga.
Loquillo repasa a súa traxectoria no episodio 200
do pódcast ‘Simpatía pola Industria Musical’
● ‘Simpatía pola Industria Musical’ é un pódcast “onde case non soa
música, mais é de música de todo o que falase” que dirixe e apresenta
Carlos Galán, o Big Boss de Subterfuge, ao través dunha conversación
con personaxes craves da industria discográfica
● Iste programa especial gravouse ao vivo na Sala Berlanga e xa istá
disponhibel en tódalas plataformas dixitais:
Madrid, 18 de xaneiro de 2023.- Jose María Sanz ‘Loquillo’ protagoniza o episodio 200 de ‘Simpatía
pola Industria Musical’, unha produción de Subterfuge Radio apresentada e
dirixida por Carlos Galán.
En feitío de parola acougada o roquer catalá repasou os seus 40 anos de carreira,
amais de falar sen andrómenas da súa relación coa industria e os seus representantes. Trátase
dun perfil máis mediático do afeito en ‘Simpatía pola Industria Musical’, un
programa que adoita por o micrófono a quen adoitadamente non o ten.
Nesta conxuntura, co orixe do episodio 200, realizouse ista edición especial na Sala
Berlanga onde se gravou ista conversa de hora e media ao vivo e con público.
Amais de repasar a andaina deste tótem da música, falouse moito de cultura
europea e tratáronse temas coma a piratería, a Lei de Mecenado, a prensa musical,
o reggaeton, o rock and roll, o arriscarse, o dicir o que un pensa, etc. O episodio
xa está disponhibel en plataformas dixitais de audio e vídeo e pode escoitarse ao través da
seguinte ligazón:
O artista catalá atópase agora mesmo aviando unha xeira por teatros na que
apresentará un proxeto “facendo poesía contemporánea”, xa que, na se ditame, “a un
teatro hai que ir con propostasdistintas”.
Ao remate de cada episodio de ‘Simpatía pola industria musical’, Carlos Galán adoita pedir
ás persoas convidadas que mencionen aos seus grandes atinentes na industria ou
imprescindibels na súa traxectoria. Neste caso, Loquillo sinalou os nomes do
cantante dos Sírex, Leslie; do que foi o presidente dos Hell Angels e que é padrinho
do seu fillo, Jaime Fábregas; Andrés Cuadrado, de 3 Cipreses; Jaime Urrutia e Eduardo
Benavente; Servando Carvallar; ’Pito’ Ignacio Cubillas; Simone Bosé; Domingo García
“que estaba en Hispavox naquela data”; Gai Mercader, “que sempre di de min que
son o seu ensinado máis avantaxado, ensínome moitísimo” e David Bonilla, “eu estou en Warner
por il, é o único executivo de companhas que segue crendo no talento , nos
músicos dunha xeración e que, sobor todo, entende ao artista”.
Coa publicación deste episodio especial, ‘Simpatía pola Industria Musical’
continúa ganhando visibilidade entre as persoas amadoras da música ou vencelladas
coa industria discográfica.
Entre as personaxes máis recentes que xa tiveron o seu espazo neste pódcast figuran
o compositor e lenda viva Manuel Alejandro; o xornalista musical e líder da banda
ZARAMA, Roberto Moso; o compositor brasileiro Marcelo Castello, de longa carreira
profesional; a Music Advisor, Lynn Fanchestein; a vicepresidenta senior de The
Orchard pra América Latina, Laura Tesoriero e un longo etcétera ata chegar os
douscentos nomes que xa forman un anaco da historia deste espazo adicado á
historia, presente, pasado e futuro da industria musical na España e Latam.
SUBTERFUGE RADIO é unha produtora de pódcast onde, dende unha albisca de comunicación
independente, abórdanse temas coma a música, a cultura popular, o
humor, o cinema, a arte, a innovacion e o emprendemento, a gastronomía ou o
pensamento entre outros. Espazos plurais, onde destacados podcasters, xeran
contidos orixinais en fondo e forma. espazo adicado á historia, presente,
pasado e futuro da industria musical en España e Latam.
En medro continuo e disponhibel en tódalas plataformas de audio e vídeo.
Web: https://www.subterfugeradio.com
Porta a tódolos pódcast: https://www.subterfugeradio.com/programacion
Instagram: https://www.instagram.com/subterfugeradio/
https://www.subterfugeradio.com/programacion/