Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DE ALEX PERNAS.

As cousas non sempre saen coma nos gustaría. A pesar de todo o amor e traballo que puxemos varias persoas, e a diferenza da presentación anterior, cómpre dicir que a segunda presentación de “De entre as tebras” foi un fracaso.
Tampouco hai vergonza nin reparos. Levamos moitos anos traballando no mundo da cultura “underground” e sabemos perfectamente que esta ten un seguemento minoritario. Cando falamos de literatura, aínda menos, e se esta é en galego… que vos vou contar. Sumémoslle a todo isto un autor coñecido por moi pouca xente e un día de temporal…
Non hai problema. Seguiremos adiante e agardaremos que a seguinte (que haberá máis) saia mellor.
Por suposto, o meu agradecemento a Alfonso, ás persoas que vos achegastes, e ao persoal das bibliotecas de Oleiros, que fixeron un enorme traballo (cartelería, publicidade, aparicións en Radio Oleiros, un escenario fermoso…) e nos deron un trato inmellorable.
Vémonos para a próxima!