Xosé Tarrío, ‘Foxe, home, foxe’, Barcelona, Editorial Virus, 1997, 357 pp.
Un 2 de xaneiro coma hoxe, en 2005, Xosé Tarrío morría na cadea. Nado na Crunha en 1968, entrou no cárcere en 1987 cunha condena de dous anos e medio que remataron converténdose en 71. De delincuente común, transformouse nun escritor que analizaba o funcionamento do sistema carcerario dende dentro e expoñíao nos seus libros. Gozou dun intre de liberdade entre maio e setembro de 2003 e morreu na cadea aos 36 anos de idade a causa dun infarto cerebral diagnosticado coma gripe polos responsábeis sanitarios do cárcere.
Á esquerda, Xosé nalgún momento dos seus catro derradeiros meses fóra do sistema penal (maio – setembro, 2003).
FOXE, HOME, FOXE
DIARIO DUN PRESO F.I.E.S.
Cuberta libro Xosé Tarrío dá man de Editorial Virus.
https://www.viruseditorial.net/
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)