Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

tanx2

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, xúntanse Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío nun encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comunión musical xorden desde o primeiro minuto. Despois de percorrer todos os palcos do país e algún internacional (Celtic Connections Glasgow), despois de poñer música a actos e encontros musicais diversos, aparecer en programas de TV como Luar, Alalá, … deciden gravar a súa ópera prima apuntando moi alto. Rodeadas de músicos moi notables dentro do panorama das musicas de raíz como Pablo Martín Jones (Coetus, Eliseo Parra, Drexler,..) ou Jaime Muñoz (La Musgaña) e cunha dirección artística do productor musical Pedro Pascual (Laio, Marful, Najla Shami, Davide Salvado, Guadi Galego, Talabarte, Pesdelán, Descarga ao vivo, …).

Atopámonos ante un repertorio de 12 temas coidadosamente escollidos e cun tratamento que conecta a tradición ibérica co maxín atlántico e os cheiros de ultramar. O mundo da pandeireta e o baile está a vivir na Galiza un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun cariño inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor.

TANXUGUEIRAS – Que non mo neguen (videoclip)

Videoclip de “Que non mo neguen”, do primeiro disco de Tanxugueiras. Para a gravación do videoclip, Aida, Olaia e Sabela rodeáronse de seis “mulleres fortes e libres”: Luz Fandiño, poeta e activista; Gloria Leis, a mariscadora máis nova da Cofradía de Pescadores de Muros; Estrella Sánchez, Doutora en Endocrinoloxía; Anxos Vaamonde e Sara Espiño, nai e filla; e Isabel Neira, a única torneira que exerce a profesión en Galicia, segundo o rexistro da Dirección Xeral de Comercio. A gravación realizouse en varias localizacións de Santiago de Compostela e do Concello de Teo, coa colaboración especial do CiMUS da USC.

tanx5

https://www.facebook.com/Tanxugueira/