Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega.
A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos e presentamos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.
Un novo son que xurde das nosas inquedanzas musicais logo dun ano de encontros ata que en setembro do 2013 decidimos dar a coñecer esta aventura, Samarúas.
Samarúa nos Xoves na Sagrada
O grupo Samarúas, de folk galego, foi o encargado de iniciar a sexta temporada de Os Xoves na Sagrada, o ciclo de música entre libros que se desenvolve na biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña.
Antonio Prado (Percusión)
Tania Caamaño (Voz e percusión)
Fran Barcia (Acordeón)
Antía Ameixeiras (Violín)
Carlos Barcia (Guitarra)
Isaac Pérez (Batería)
www.samaruas.com
– 2º premio MúsicaXove 2014.