Dúo musical de versións en galego con moito humor de cancións de grandes divas e raíñas da canción de diversos estilos e tódolos tempos.
Tele – mobil:687 42.93.49
https://www.facebook.com/Ra%C3%AD%C3%B1as-102805801209084
A Tribo Galega // Raíñas // Cantalingua 2021
A tribo galega esta feito por Raíñas en maio de 2021. Raíñas somos MisterMyr e Patty Castro. Neste tema colaboramos con dúas grandes voces e persoas: Aldara e Ariadna Martínez Castro. Tema esta adicado a tódol@s cativ@s , para que a lingua galega medre e floreza nas súas gorxas e poidan berrar, rir e falar na lingua que nos da a identidade por moitos anos. Tamén para @s grandes escritor@s e poetas, labreg@s, mariñeir@s, mestr@s, artistas que conforman a nosa tribo galega.
A TRIBO GALEGA
Escoito un murmurio , é a terra que medra en nós.
Queimada dos montes, da fala dos meus avós.
Os toxos marelos labregos, sol e calor.
Regatos pequenos, latexos do corazón.
Xente do mar,de mans enredadas.
Doman as augas , danzan coas algas.
Alzan menceres de nasas cargadas.
Estrelas que brilan na fronte empapada.
Galiza somos nós , a xente mais a fala.
Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.
A chave que nos abre, o mundo e a mirada.
Sen lingua, a nosa forza non serve para nada.
Nas vilas a choiva batendo nas pedras.
As mestras ás sombras combaten con verbas.
Resonan nas prazas, zanfonas, regueifas.
rebordan de vida , cos cantos da terra
Soñemos con cores, dar forma á madeira.
Nas teas, durmindo, as musas esperan.
Meniños nos berces, futuro, prospera
Florece nas gorxas, arraiga e queda.
Galiza somos nós , a xente mais a fala.
Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.
A chave que nos abre, o mundo e a mirada.
Sen lingua, a nosa forza non serve para nada.
Nos queren sumisos , confusos, perdidAarón “MisterMyr” Silvaos.
Cortarnos a lingua, quitarnos os fillos.
Loitemos , ¡xenreira! GUERREIRAS UNIDAS
¡A TRIBO GALEGA XAMAIS POR VENCIDA!
Galiza somos nós , a xente mais a fala.
Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.
A chave que nos abre, o mundo e a mirada.
Sen lingua, a nosa forza non serve para nada.
Letra: Patty Castro
Música: Aarón “MisterMyr” Silva
–Prod. MisterMyr–