-
Fecha de inicioCreación en 2010
-
GéneroMúsica para nenos e non tan nenos
-
Integrantes del grupo
-
Ciudad de origenA Coruña
-
Sello discográficoGalaxia
-
Descripción breveMÚSICA INFANTIL EN GALEGO
-
Descripción largaGrupo musical integrado por dúas voces, unha frauta travesa, acordeón, guitarra, persusión tradicional, batería, baixo e gaita.
-
BiografíaPirilampo somos un grupo de música infantil, que utiliza o privilexiado espazo da canción para desenvolver un proxecto que ten posto o seu punto de mira na educación dos máis pequenos. Para iso, ó longo dos nosos 4 proxectos discográficos, puxemos o foco sobre diferentes aspectos da nosa realidade: a cidade, a natureza, a educación vial, relacións interpersonais.. Pirilampo somos un grupo grande e aberto, colaboramos con persoas, entidades, institucións.. no noso último traballo “Lucecús” que verá a luz a finais de ano baixo o auspicio da editorial Galaxia, colaboramos con dúas destacadas personalidades da música galega, e no noso primeiro traballo xa comezaramos colaborando co coro de voces brancas da Orquestra Sinfónica de Galicia. Musicalmente Pirilampo desenvolvemos un idioma propio, simple, alegre e directo, que trata de facer presente unha identidade propia mesturando instrumentos e sonoridades modernas e tradicionais galegas. No noso útilmo traballo mesturamos a nosa identidade musical con outras músicas do mundo cun resultado que a nós, nos encanta. O noso espectáculo en directo é unha autentica festa para nenos e nenas, aínda que podemos ver desde o escenario como os pais e nais o pasan en grande, o que é unha ledicia para nós, que sempre tratamos de levar un ambiente positivo e divertido alá donde vamos. Actuamos ata o de agora en moi diversos escenarios da xeografía galega, pasando por centros culturais e auditorios, como o Pazo de Congresos de Pontevedra, congresos e centros educativos, festivais ó aire libre do máis diverso, festas, ciclos de concertos infantís como o do MAC na Coruña, para entes públicos como a Deputación de Lugo, así coma actuacións en radio e televisión, onde a nosa máis destacada aparición pode ser o programa “Alalá” completo que nos adicou a TVG. Temos asemesmo unha comunidade de seareiros que medra coa súa personalidade propia, e é que nos cremos que os Pirilampeiros acabarán conquistando o mundo.
-
PremiosTres temas de PIRILAMPO forman parte de tres proxectos educativos que recibiron o primeiro premio a nível do Estado Español. Os temas son: “Vou da man”, sobre educación vial. “Xira a roda” e “A voz do son” sobre ciencia na aula.
-
Ubicación actualA CORUÑA
-
Intereses musicalesFacer que o pasedes moi ben con nós!