20 de abril do 1963
Fermín Muguruza nace em Irún, Guipúzcoa , Espanha. É un cantante, instrumentista, produtor musical e diretor de cinema espanhol, irmán dos músicos Iñigo Muguruza e Jabier Muguruza. Definiuse coma “unha das figuras máis influentes e carismáticas da escea musical vasca”. Comezou a súa carreira musical fundando, xunto co seu irmán Iñigo, o grupo musical Kortatu, un dos grupos máis importantes dentro do chamado Rock Radical Vasco e pioneiro en introducir o ska e o dub no panorama musical espanhol. No grupo, Fermín era o encarregado de tocar a guitarra e cantar a voz principal. A maioría das cancións do grupo compuxéronse polos dous irmáns.
TANIA DE SOUSA (ZULOAK/TANIA DE SOUSA) CO FERMÍN MUGURUZA.
Cando Kortatu se disolveu, formou, de novo xunto a Iñigo e Kaki Arkarazo, o grupo de rock Negu Gorriak, cualificado coma “un dos máis importantes da década dos noventa”. Fermín deixou a guitarra e converteuse no vocalista principal, atuando coma líder carismático. Xunto aos seus companheiros de banda, fundou o selo discográfico Esan Ozenki Records pra atuar sempre no marco da autoxestión. Tras a disolución de Negu Gorriak comezou a súa carreira en solitario.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.
ESCRITA E FOTOS DA MAN DE: