Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
 somos unha banda de rock nacida en 2021 na zona do Condado.
Este 2023 esta dando moito de si, dende que presentamos o “Un novo nome” en Marzo demos una chea de concertos polo sur de Galicia e deunos tempo para resultar gañadores do concurso de bandas do Trece Roeis Fest 23

Escoita o tema xa en Spotify: https://spotify.link/Z3xsxIEOpDb

https://www.instagram.com/os_exeria/

https://www.facebook.com/exeria.banda

os.exeria@gmail.com

Videoclip de Wences Lamas https://www.instagram.com/wenceslamas/

Actriz Noemi Ramallo

 

O primeiro adianto de Exeria, “Ata que sexamos reis” tratase dun tema sobre as ambicións, ansias de poder e os atallos que podemos escoller.

O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90´s, e incluso
o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera
proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e un tempo concretos determina unha
mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre seu
discurso estilístico.
Logo da presentación de “Un novo nome” en Marzo deste ano,a sua consecuente xira por
todo sur da Galicia e de gañar o concurso de bandas do Trece Roeis Fest 23 a banda do
Condado segue avanzando a pasos cada vez mais grandes. dar pasos coa presentación
en directo do seu 1º o sinxelo “Un novo nome”. Gravado en Estudios Lufs atopámonos
cun tema do mais celebrados no seu potente directo.
O 27 Outubro estrean o novo sinxelo “Ata que sexamos reis” que vira acompañado dun
videoclip dirixido por Nazaret Pastoriza. Un vídeo no que aparecen as mascaras do
entroido das perriñas, tradicional da aldea de Ribadetea, en Ponteareas, recentemente
recuperado.
A portada do sinxelo esta deseñada polo artista Adrián Rodríguez Parcel e reflicte
perfectamente a temática da canción, que trata sobre os esforzos que os protagonistas
fan para acadar as súas metas (sexan temas amorosos, conflitos internos ou escaladas
de poder); asuntos que o grupo trata nunha clave case pop-rock, con contundentes
retrousos e partes mais oníricas-ambientais-melódicas.