Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Synthwave & darkwave project from Galicia.

ONDA SINTETIZADORA E ONDA ESCURA

PROXECTO DENDE GALIZA.

Cumpreanos de Miguel Valiña “Solofar” o xoves 26 do outubro do 2023.

Pois hoxe é un día especial pra min, amais de ser o meu cumpreanos (si! Mellor cumprir que non cumprilos)
preséntovos un proxecto persoal que fun levando en “segredo” mais creo que xa vai sendo hora, pra ben ou pra mal, que o amose ao mundo: @emesx2021
Pouco ou nada que ollar con anteriores andanzas musicais no decurso da minha vida… Todo moi DIY… comezando dende cero con todo DAW e trebellos varios, aprendendo con moito acougo, sen presom, sen pretensións, só por inquedanza e satisfación persoal…
Aínda que todo isto non sería posíbel sen @davidkarro, un supercrack que axudoume  mooooito, sen il non existiría EME-SX, do mesmo xeito que @adribouza  e os seus arranxos nalgúns das cancións e o grande @lefrenkofficial que me orientou, ensinou e amosou outros vieiros máis aló doutros estilos. E, outro crack: @manelcraneo deseñou o logo.
Hoxe amais publico un tema moi especial, auto-agasallo de aniversario, coa colaboura dun músico ao que admiro:o 50% dunha das minhas bandas favoritas: Car de @mentahband meteu as voces neste “Lonely Boy” que podedes escoitar en BANDCAMP e SoundCloud (amais doutros temas e remesturas varias).
Adicarlle uns minutos e, por suposto, benvidas críticas boas e malas.
Milleiros de grazas a tod@s os que o fixestes posíbel.
Ehhhh, tenho perfil en Instagram tambén.

(Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo).

 

INSTAGRAM EME-SX.

https://www.instagram.com/emesx2021/?hl=es

 

SOUNDCLOUD EME-SX.

https://soundcloud.com/search?q=EME-SX