Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Tal día coma hoxe, un 28 de setembro de 1940, nace en Becerreá a poeta e narradora Helena Villar Janeiro, que hoxe cumpre 82 anos.
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundacion Rosalia De Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou parte do Plenario do Consello Da Cultura Galega. É socia de Honra de GÁLIX – Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (2015) e da AELG, de quen recibiu o E de escritora (2016), e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Recibiu, entre outros, os premios de poesía, Xosé Mª Chao Ledo (1990), Eusebio Lorenzo Baleirón (1992), Xacobeo (1994), o accésit do M. González Garcés (1994) e Arume de Poesía Infantil (2003).
Este ano celebra as súas vodas de ouro, na poesía, co libro “De rosa antiga”.
Foto da autora: © Laura Guizán
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.libreriadesnivel.com/