XVI ASEMBLEA NACIONAL DO BNG
O Consello Nacional acordou convocar a XVI Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego para os días 25 e 26 de marzo de 2017, sábado e domingo, na cidade da Coruña (Palexco). Previamente porase en marcha un amplo proceso de debate en todas as comarcas, aberto ás análises e propostas de actuación política, así como á conformación dos novos órganos de dirección.
O Consello Nacional insta a toda a militancia a participar activamente neste proceso, que deberá culminar coa posta a punto e fortalecemento deste valioso instrumento político ao servizo do pobo galego que é o Bloque Nacionalista Galego. Para iso, é moi importante que teñas presente o calendario e regulamento desta XVI Asemblea Nacional, así como os documentos políticos a debate, que podes descargar a continuación.